Si eres usuario: Acceso
Pais/Nais
VISITA Á MISIÓN BIOLÓXICA DE GALICIA
O 28 de Xaneiro, o alumnado de 4º E.S.O. B e C visitou a Misión Biolóxica de Galicia, actividade organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Os alumnos/as estiveron acompañados polas profesoras Isabel Martín e Olga Mijón. A saída tivo como obxectivo coñecer os traballos que desenvolven as liñas de investigación da M.B.G., un centro do Consello Superior de Investigacións Científicas, que se ocupa do estudo dos principais cultivos galegos (vide, millo, grelos, especies forestais,…) empregando técnicas de biotecnoloxía vexetal.
O alumnado visitou as dependencias da MBG, recibindo diversa información sobre :
- A Historia do Centro e liñas de investigación que desenvolven na actualidade.
- Exposición sobre o Centro con paneis informativos e distinto instrumental empregado na fase de experimentación.
- Proxección dun documental sobre as plagas que afectan ás especies forestais (procesionaria e outros insectos herbívoros), información sobre os tratamentos que realizan para frear as pragas como a loita biolóxica.
- Visualización das zonas onde realizan os cultivos experimentais.
- Recibiron información sobre os compostos presentes en especies de brasicáceas como o repolo, berzas, brócoli. Observaron exemplares de Arabidopsis, unha planta empregada como modelo de investigación fitolóxica. Técnicas de selección xenética encamiñadas a obter variedades de brasicáceas resistentes a distintas plagas. Os distintos produtos comercializados en Galicia (grelos deshidratados, en conserva,…). Técnicas de conservación da semente, a importancia do banco de xermoplasma.
- Obtención de variedades de millo con maior rendemento e calidade empregando a diversidade xenética. A evolución do cultivo en Galicia, a conservación tradicional en hórreos e a creación dun banco de xermoplasma que contén sementes de 80 variedades de millo. Observación de mazarocas de distintas variedades (mazaroca de millo orixinario americano, de millo doce, millo para pensos, millo corvo,…). Información sobre as principais pragas que afectan a este cultivo, examinando mazarocas afectadas pola eiruga da trade.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+