Ciclos TSAAFD e Ciclos Técnico Deportivos

Consellería de EducaciónLogoFondo Social Europeo
VOLTAR A INICIO AV.  IES SÁNCHEZ CANTÓN
Consellería de Educación

Deporte no antigo instituto de Pontevedra

OFERTA EDUCATIVA DE FP E ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL NO IES SÁNCHEZ CANTÓN 2020/21

Na actualidade no IES Sánchez Cantón pódense cursar, ademais da ESO e do Bacharelato nas súas diferentes modalidades, os seguintes estudos de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial:

  • Ciclo formativo superior correspondente ó título de Técnico Superior en Ensinanza e Animación Sociodeportiva, novo currículo implantado dende o curso 2018/19. Actualmente xa implantado en 1º e 2º curso. Tamén probas libres TSEASD e probas libres TSEASD a extinguir conforme a instrucións da Consellería. 
  • Técnico Deportivo en fútbol, con dous niveis formativos, prepara para o desempeño profesional da iniciación, a tecnificación e o adestramento de xogadores e equipos de fútbol. 
  • Técnico Deportivo en balonmán, con dous niveis formativos, prepara para o desempeño profesional da iniciación, a tecnificación e o adestramento de xogadores e equipos de balonmán.
  • Técnico Superior en fútbol, prepara para o desempeño profesional do adestramento e a dirección de equipos de fútbol de alto nivel.
  • Técnico Superior en balonmán, prepara para o desempeño profesional do adestramento e a dirección de equipos de balonmán de alto nivel.
  • Formación semipresencial bloque común Técnicos Deportivos: pendente de autorización por parte da Consellería. Para máis información consultar a páxina de Ensinanzas de Réxime Especial da Consellería. 
É importante destacar que todas estas titulacións son oficiais e teñen validez académica e profesional, xa que permiten o acceso a outras titulacións superiores e cualifican para o exercicio profesional no sector produtivo da actividade física e do deporte a nivel Español e Europeo. 

Telegram Sánchez Cantón  Facebook    Twitter  You Tube Calendario de actividades

Última modificación: Venres, 30 de Abril de 2021, 23:38