Skip to Content

Actividades da Biblioteca

 

 

Logo Bilioteca
  • Continuar co Proxecto Lector por terceiro ano consecutivo. Este ano vaise ampliar o tempo de lectura na aula a 30 minutos

  • Continuar a redacción dun Biblioxornal por trimestre para recoller novas relacionadas coa biblioteca (efemérides culturais, actividades desenvoltas, novidades bibliográficas, traballos de creación …).

  • Continuar con iniciativas como a poesía do mes e o libro do mes.

  • Continuar co club de lectura.

  • Seguir coordinando o tempo específico semanal de lectura nas aulas dentro do proxecto lector de centro.

  • Colocación, ao longo do curso, en diversos lugares do centro, de carteis con citas que animen a lectura, ao contacto cos libros e ao uso e goce da biblioteca.

  • Carteis e presentacións en formato PowerPoint para a difusión de efemérides relacionadas co mundo das bibliotecas e dos libros.

 

Concursos:

 

  • De ilustración (“Ilustra o teu texto literario preferido”) e de citas: de todas as lecturas realizadas o alumnado escollera a frase, a cita, o parágrafo, a escena que máis lle teña gustado explicando os motivos. Tamén poderá plasmala nun debuxo. Feita unha selección as mellores destas citas, frases...e ilustracións (para as que haberá algún agasallo) incorporaranse aos carteis das distintas campañas de promoción da biblioteca e da lectura.

  • Concurso “Cóntanos o teu amor”.

  • De carteis e lemas de animación a lectura.

 

Conferencias e encontros con autores:

  • Ao longo do curso esperamos contar con autores/as en datas dependentes da súa dispoñibilidade e aproveitando a colaboración dos distintos Departamentos Didácticos.

 

Cuestionarios:

  • Repartidos entre todos os grupos e Departamentos didácticos para recibir suxestións sobre novos materiais cos que dotar a biblioteca do centro.

 

Exposicións:

  • De traballos feitos polo alumnado.

  • De fondos bibliográficos sobre temas concretos.

  • Con motivo de datas concretas (día de Rosalía, da poesía, do teatro, internacional da muller...)

 

Visitas:

 

  • Á Biblioteca do instituto, para que o alumnado de 1º da ESO coñeza a nosa biblioteca, como está organizada, en que consiste a CDU… Estas visitas guiadas por membros do equipo de biblioteca celébranse ao longo do mes de outubro.

  • Á Biblioteca pública municipal, guiadas e orientadas polos responsábeis da mesma e pensadas tamén para os alumnos de 1º da ESO, a realizar na segunda semana de novembro.

 



page | by Dr. Radut