A obra de teatro "A ratoeira", de Agatha Christie, representada o 28 de marzo no salón de actos do IES

teatro-mondoñedo1

   O 28 de marzo o alumnado da ESO e de primeiro curso de Bacharelato do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo puido disfrutar da adaptación teatral da mítica obra de intriga, A ratoeira, de Agatha Christie, levada a cabo por Mónica Camaño. Unha proposta do departamento de Normalización Lingüística para para poñer punto e final á segunda avaliación. A Casa Grande do Pozo dos Monxes abriu as súas portas aos primeiros hóspedes ao tempo que se produce un crime. A intriga propia da raíña da novela policial inglesa fixo que os asistentes dende o principio intentaran descubrir ó asasino. A representación teatral, moi coidada nos diálogos e na escenografía, de O Aturuxo de Melpómene non deixou indiferente ao respetable público. Os actores deron vida a unhas personaxes universais durante dúas horas de representación. É, sen ningunha dúbida, unha aposta do profesorado do centro para educar aos rapaces no ocio de calidade e de intruducilos na nosa cultura pola porta do teatro en tempos de crise.

(Artigo publicado en Cronica 3.com A Mariña)