II Campus de emprendemento sostible - Deputación de Lugo


    A Deputación de Lugo, e en concreto a área de Medioambiente e economías sostibles, está interesada en crear riqueza nas contornas das dúas Reservas da Biosfera que xestiona directamente: Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá. Nun contexto de crise coma o actual, onde a inserción laboral está a ser un grave problema, e tendo en conta que a creación de riqueza nun territorio pasa pola creación de empresas capaces de xerar á súa vez postos de traballo, require dunha labor de dinamización e sensibilización do espírito emprendedor, de maneira que o público obxectivo participante nesta acción formativa, contemple o autoemprego coma unha alternativa válida para a creación de postos de traballo, empezando polo propio.


 Así, dende a Deputación de Lugo estamos a levar a cabo a  “II Edición do Campus Emprendemento Sostible”, que nace para estimular o espírito empresarial, combinando sesións teóricas con visitas a empresas competitivas e sostibles, implantadas en contornas rurais da provincia de Lugo, que poden servir como referencia para os emprendedores das Reservas da Biosfera de Terras do miño e Ancares Lucenses.

AdxuntoTamaño
Campus emprendemento sostible II.pdf349.44 KB