O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, acompañou ao alumnado do IES San Rosendo no inicio de curso

Román Rodríguez acompaña ao alumnado do IES San Rosendo no inicio de curso en ESO, bachillerato, FP e ensinanzas de réxime especial

   O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, acompañou aos rapaces e rapazas do IES San Rosendo de Mondoñedo no primeiro día de clases.

 Programas educativos novidosos

Durante o seu percorrido polo centro –no que estivo acompañado polo secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén, polo director xeral de Educación, Manuel Corredoira, e polo director xeral de Centros, José Manuel Pinal–, o conselleiro salientou a inmersión deste centro nos programas educativos novidosos postos en marcha polo Executivo galego nestes últimos anos.

Deste xeito, valorou o súa incorporación ao Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), que permite transformar as bibliotecas escolares en puntos de encontro para a lectura, a información e a aprendizaxe, así como en espazos para integrar o mundo escrito e o dixital a través das TIC. Tamén lembrou que o IES San Rosendo é un centro plurilingüe, comprometido, por tanto, coa inmersión lingüística. O conselleiro recordou que, trala incorporación de 36 máis este curso, xa son 257 os centros adheridos á rede do plurilingüismo e preto de 90.000 alumnos beneficiados.

A maiores, o conselleiro tamén puxo en valor a aposta deste instituto por unha ensinanza dixital a través do programa Abalar. Neste sentido, animou ao equipo directivo a implantar, ao abeiro deste plan, o proxecto de educación dixital E-Dixgal, mediante o cal o alumnado pode acceder aos materiais curriculares de balde.

 Implantación da Lomce

Por outro lado, Román Rodríguez explicou que este curso comeza con novidades nas etapas de ESO e bacharelato, pois implántase a Lomce en 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria e 1º de bacharelato. A maiores, o novo marco normativo tamén se estende ao segundo ano de FP Básica. Precisamente, no IES San Rosendo ofértase esta modalidade, concretamente FP Básica de Agroxardinería e composición florais.