Campamentos e actividades para o verán 2016

Acción de Verán    

A Consellería de Política Social ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal moi diversas: de carácter cultural, ambiental, deportivo, de tempo libre, de voluntariado... que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o seu enriquecemento persoal e vital.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pretende facer realidade este obxectivo a través da Campaña de verán 2016.

Así mesmo, en aplicación do principio de  transversalidade das políticas en materia de discapacidade e co obxectivo de que a inclusión social sexa unha realidade ao tempo que se favorece a interacción e a convivencia entre toda a mocidade, na presente Campaña de verán, as mozas e mozos galegos con discapacidade, en función das limitacións que presenten, poderán decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión.

A Campaña de verán está composta por diferentes áreas de participación, que se desenvolven nos meses de xullo e agosto, tanto en Galicia coma noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.

 

ÁREAS DE PARTICIPACIÓN

Campamentos Campos de traballo Actividades de 18 a 30 anos Oferta concertada