Excursión á neve

O alumnado de 3º ESO disfruta esta semana dunha actividade de introdución ao esquí en Andorra. Agardamos que aprendan moito e, sobre todo, sexa unha bonita experiencia para o recordo.

 

Ver fotos

Exposición Educación en Feminino

Desde hai dúas semanas os corredores do  noso instituto acollen a exposición EDUCACIÓN EN FEMININO: UN PASEO POLA HISTORIA.  

Unha serie de carteis nos que se recollen as vivencias de varias ducias de educadoras e  pedagogas que deixaron pegada na historia da Pedagoxía , pero que non aparecen nos libros de texto. Trátase dun traballo feito polo alumnado da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo e que veu presentar ao centro a nosa ex-alumna María Vigo, autora dun dos pósters. A exposición está aberta ás familias e pode ser visitada en horario lectivo ata o próximo 7 de febreiro incluído.

Presentación do libro "Flores de primavera do Valadouro"

Hoxe pasou polo centro Pedro Rolle, ex-alumno do noso centro, a presentarnos o seu libro "Flores de primavera do Valadouro", acompañado de Carlos Cornide, que levou a cabo a parte fotográfica do mesmo. 

O alumnado de Ciclos tomou boa nota do proceso de elaboración do libro así como dos resultados que este nos ensina.

Noraboa polo traballo!

 

Saída á Coruña

O alumnado de 1º ESO viaxou o martes á Coruña para visitar o MUNCYT e o Aquarium Finisterrae. Na primeira visita realizaron un obradoiro de electricidade e fixeron unha visita guiada do museo. Despois de xantar deron un paseo dende a torre de Hércules ao acuario. Xa alí asistiron a unha pequena charla na sala Nautilus e visitaron as distintas zonas do museo científico. Remataron a visita vendo como alimentaban ás focas nas piscinas exteriores. Foi unha experiencia positiva e divertida que o alumnado desfrutou moito.

 

Exames That's English

Exames That's English

Apalpador e Apalpadora 2023

Antes de marchar polas vacacións de Nadal pasaron polo centro a visitarnos o Apalpador e a Apalpadora, xunto co seu séquito de colaboradores e colaboradoras.

Bo Nadal!

 

Traballo de instalación de nova beirarrúa

O alumnado de 1º FPB non para de aprender. Aquí os vemos animados a acondicionar este paso frecuente de persoas e ferramenta. Noraboa polo voso traballo!

Visita ao Hospital San Pablo

Hoxe o alumnado de Relixión de 1º BAC foi recibido no Hospital de San Pablo onde, ademais de coñecer ás persoas que alí viven, cantaron unhas panxoliñas de Nadal.

 

Distribuir contido