Skip to Content

Parabéns Kenya!

A alumna Kenya Fernández Uganda, de 1º de ESO A, foi seleccionada para o programa ESTALMAT despois de realizar a proba á que acudiron máis de 300 alumnos de toda Galicia. Foron 25 os afortunados e os que demostraron maiores destrezas na resolución de problemas de matemáticas, e entre eles está a nosa compañeira.

A partir do próximo curso acudirá os sábados á Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela a traballar, disfrutar e aprender coas matemáticas xunto cos outros 24 seleccionados.

Parabéns Kenya!

Queremos destacar tamén a participación durante estos últimos anos no devandito programa dos alumnos David Álvarez Moyano, de 2º ESO B e Alexandre Domínguez Prieto, de 4º ESO B.

Noraboa tamén aos dous e a seguir disfrutando coas matemáticas.



story | by Dr. Radut