Skip to Content

Benvid@s ao IES Santa Irene

Sexan vostedes benvid@s ao noso centro: O IES Santa Irene.

Distribuir contido

Novidades

I Semana da Ciencia 2023

Publicación da listaxe definitiva de persoas aspirantes ás Probas Libres da ESO (Maio 2023)

No taboleiro interior do Ies Santa Irene poderedes consultar a listaxe definitiva de aspirantes ás Probas Libres para a obtención do título da ESO que se celebrarán o 26 de maio no IES Politécnico. 

Convocados os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico

Convocados os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/23.

Orde do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/23 (código de procedemento ED311D).

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2023 e rematará o día 30 de xuño de 2023.

 

PUBLICACIÓN PROVISIONAL DOS ASPIRANTES ÁS PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DA ESO CONVOCATORIA DE MAIO (2023)

No taboleiro interior (situado na parte esquerda da parte baixa do IES Santa Irene) poderedes consultar a listaxe provisional de persoas admitidas para a realización das Probas Libres da ESO (convocatoria de maio). 

De acordo coa lexislación vixente, haberá un prazo de reclamacións de tres días hábiles e a lista definitiva de persoas aspirantes admitidas ás probas publicarase nos propios centros o vindeiro luns 17 de abril de 2023.

CALENDARIO DE EXAMES DA AVALIACIÓN FINAL ORDINARIA DE 1º BACH ADULTOS (MAIO) Só para as persoas que adianten avaliación

Publícase o calendario de exames para a avaliación final ordinaria de 1º BACH do mes de maio. A estes exames só poderán presentarse as persoas que adiantan a avaliación para que coincida coa de 2º BACH. Podedes consultar os horarios das probas no documento adxunto.

CALENDARIO DE EXAMES DA AVALICIÓN FINAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA DE 2º BACH (NOCTURNO)

Publícase o calendario de exames da Avaliación final ordinaria e extraordinaria de 2º de BACH Adultos. Podedes consultar toda a información no documento adxunto.

CALENDARIO DE EXAMES DA AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA DO 1º CUADRIMESTRE DA ESA III E DA ESA IV

Os días 24 e 25 de abril terán lugar os exames para a avaliación extraordinaria do 1º cuadrimestre dos cursos da ESA III e da ESA IV. Poden consultar os horarios no documento adxunto.

Horario de atención Semana Santa 2023

Datas e horario das probas de avaliación final ordinaria 2º Bach Diúrno

Horario das probas de avaliación final ordinaria de 2º de bacharelato diúrno.

  • As sesións lectivas de 2º Bach diúrno rematan o venres, día 5 de maio de 2023.
  • As sesións de preparación das probas ABAU 2023 comezarán o día 15 maio e rematarán o día 2 de xuño, no horario lectivo habitual.


by Dr. Radut