O NOSO CENTRO TAMÉN PARTICIPA DOS..

Equipo de Dinamización

 RECOMÉNDASE O NAVEGADOR MOZILLA FIREFOX EN WINDOWS E SAFARI EN MAC

LISTAXE VACANTES PARA O CURSO 2024-25

O prazo de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso abre o venres 1 ata o luns 20 de marzo.

Información na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Preme na imaxe para ver ampliado o cadro de vacantes ofertadas polo noso centro para o vindeiro curso 2024-2025

 

NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN

➢ DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

➢ ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 (código de procedemento ED550A e ED550B)

➢ ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

➢ ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de  segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.

1. O alumnado só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.. A infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2. O alumnado que ten garantía de permanencia neste centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, a este centro de orixe.

3. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

RECURSOS SOBRE SEGURIDADE E HIXIENE DIXITAL (INSTITUTO NACIONAL DE CIBERSEGURIDAD DE ESPAÑA)

Coa publicación do protocolo de uso dos móbiles nos centros educativos (Orde de 4 de xaneiro de 2024 ), establécese que “A formación desempeña un papel fundamental para fortalecer o uso responsable dos teléfonos móbiles e de dispositivos electrónicos por parte do alumnado “ e con este  obxectivo de implicar e informar ás familias, unha parte vital das nosas comunidades educativas, compartimos convosco uns recursos de AEPD e INCIBE( Instituto Nacional de Ciberseguridad de España) , traducidas ó galego aproveitando as súas licenzas abertas.

Recursos para as familias: (premede sobre as imaxes para amplialas)

 


GUÍA DO MÓBIL PARA AS FAMILIAS


RESPONSABLIDIADE DOS E DAS MENORES EN INTERNET

PLAN DIXITAL FAMILAR

SUXESTIÓNS LECTORAS NADAL 2023

PREME SOBRE A IMAXE PARA ACCEDER Á INFORMACIÓN

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA DA ANPA

CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

 

 

Estimad@ socio@: 

 

A ANPA do IES de Sanxenxo convoca a ASAMBLEA XERAL ORDINARIA, que celebraremos o martes día 07 de Novembro de 2023 as 19:30 horas en primeira convocatoria e as 20:00 horas en segunda convocatoria no Instituto coa seguinte:

 

ORDEN DO DIA

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2. Estado económico 2022/2023 e aprobación se procede.
3. Informes da presidenta, de xestións e actuacións varias.
4. Propostas dos pais de actividades e xestións.
4. Rogos e preguntas.

 

 

Dada a importancia dos asuntos a tratar, pregamos que non faltes, o mesmo tempoaproveitamos a ocasión para saudarte cordialmente. 

 

Sanxenxo, 24 de outubro de 2023

Contactos ANPA IES SANXENXO

Telf. 667 412 261 - 646 166 181 - 649 268 901

 

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 23/24

O IES SANXENXO está integrado no proxecto EDIXGAL nos catro niveis educativos que imparte. Todo o material didáctico se proporciona ao alumnado a través da plataforma dixital EVA. As materias de LINGUA CASTELÁ E LITERATURA (nos catro niveis) e LINGUA GALEGA E LITERATURA (en 3º e 4º) NON ESTÁN DENTRO DO PROXECTO EDIXGAL. As familias terán que adquirir o libro de texto que aparece na listaxe de libros de texto para o curso 23/24 á que se pode acceder DENDE AQUÍ

INICIO DO CURSO 23/24

Benvid@s a tod@s a un novo curso escolar!!

O vindeiro 11 DE SETEMBRO en horario habitual do centro (9:30h-14:55h) comezaremos un novo curso escolar no IES SANXENXO. Haberá transporte escolar en todas as rutas do centro, estade atentos e atentas os primeiros días da hora de paso polas diferentes paradas. Cada autobús debería ir identificado co NOME E NÚMERO DA RUTA. É importante que o alumnado coñeza o nome ou o número da ruta para identificar o autobús no caso de despiste. A continuación tendes o nome das diferentes rutas do centro:

RUTA LIÑA LOCALIZACIÓN
1

(XG626006010009)

MERCADO PORTONOVO 2º/4ºNOSA SRA. DA LANZADA

PORTA PRINCIPAL DO CENTRO
2

(XG62603501008)

MERCADO DE PORTONOVO 1º/3º

CEMENTERIO

PORTA PRINCIPAL DO CENTRO
3

(XG62600801009)

MERCADO DE PORTONOVO 1º/3º

ENXIDO

PORTA PRINCIPAL DO CENTRO
4

(XG62600501011)

HOTEL TERRAZA

NANÍN

PORTA PRINCIPAL DO CENTRO
5

(XG62603101006)

ULPIANO

A GRANXA

PORTA PRINCIPAL DO CENTRO
6

(XG62600401)

PORTONOVO P. ESPIÑEIRO

CRUCE COTOS-DORRÓN

PORTA PRINCIPAL DO CENTRO

CALENDARIO XUÑO CURSO 22/23

Preme sobre a imaxe para acceder á información:

RESUMO DA SEMANA CULTURAL 2023

A FEIRA DAS NACIÓNS

 

Powered by Drupal - Design by artinet