Bruno, Antón, Pelayo, Olalla, Claudia, Alejandro, Iván e Lucía veñen de participar na primeira fase da Olimpíada Matemática para alumnado de 2º de ESO.
Job-shadowing da profesora Ana Llamas nos hoteles Eurostars de Praga, no noso programa KA131, no que tamén se están a levar a cabo mobilidades de alumnos en prácticas.
Álbum: Hostalaría -> Job-shadowing. Hoteles Eurostars de Praga 2024
O alumnado de Latín, Grego, Artes Escénicas e Literatura Universal asistiron á representación de MEDEA e EDIPO REY os días 28 e 29 de febreiro no Auditorio Gustavo Freire.
O alumnado de 1º do ciclo superior de Guía, información e asistencia turísticas continua coa sua aprendizaxe antes de marchar de vacacións de Nadal. Nesta ocasión, visitaron na propia cidade o Museo provincial, onde nos fixo de guía Simón, quen nos explicou moitas cousas interesantes tanto do propio edificio que alberga o Museo, coma de diferentes obxectos que alí se exponen. Para rematar a xornada, fixemos un paseo guiado por Lugo con Guido Guía, quen nos contou moitas curiosidades sobre a cidade.
O pasado mércores 13 de decembro celebrouse, con gran éxito de asistentes, o Obradoiro de alimentación saudable para familias. Contamos coa dietista Mireya Castiñeiras como relatora.
Álbum: Centro -> Obradoiro de alimentación saudable
O alumnado do CS de Guías Asistencia e Información Turística participou nunha xornada de formación a través da aula de emprendemento: Visita a Ourense Termal. Novedades no turismo termal para abrir novos camiños empresariais.
O alumnado de 1º e 2º do ciclo superrior de FP de Guías, Asistencia e Información Turística asistiron á feira de turismo interior INTUR de Valladolid. Visitaron a cidade cun itinerario guiado e a oficina de turismo, onde poideron ver o funcionamento e as actividades da mesma.
Álbum: Ciclo de Guía, Información e Asistencia Turísticas. -> Feira de turismo interior INTUR
A pasada semana celebrouse o Campionato bianual Galicia Skills de Formación Profesional 2023, que contou coa presenza de 186 participantes de 84 centros educativos de Galicia que imparten ensinanzas de Formación Profesional, o noso centro estivo representado pola alumno David Nadela López que cursa 2º do Ciclo de grado medio de Panadaría Pastalaría, asesorado polo seu profesor titor José Luis Álvarez Bouso, no vídeo que se presenta recóllense algúns momentos da súa magnífica actuación
Hoxe comenza a liga de baloncesto e o IES Sanxillao estrena o seu equipo masculino de cadetes que compite no pavillón de Frigsa contra o Estudiantes de Lugo.