Skip to Content

Entroido 2016

 

    Mañá día 5 terá lugar a celebración do entroido cunha serie de actividades, que inclúen un concurso de comparsas, e que poden consultarse nas seguintes ligazóns.

    Festival de comparsas       Actividades do día

Elena Massa campioa de Galicia en natación

 

   Elena Massa Teijeiro, alumna de 1º de bacharelato neste centro  tivo unha brillante participación nos campionatos galegos de natación.

   Proclamouse campioa nas probas de 50 e 100 m libres, ó obter a medalla de ouro da súa categoría, e obtivo tamén a medalla de prata en 50 m costas, así como a medalla de bronce en 100 m costas, no campionato de Galicia celebrado na piscina olímpica de Cervo, Lugo.

        ¡Parabéns Elena!

Visita ós museos científicos coruñeses

 

    Os alumnos de Bioloxía, Xeoloxía, Física e Química de 3º de ESO, acompañados polos seus profesores, visitaron os museos científicos coruñeses.

    Na Casa do Home visitaron e realizaron actividades especialmente relacionadas coa Bioloxía e  na casa das ciencias participaron nunha sesión do planetario e realizaron actividades relacionadas coa Física.

         Aquí podense ver fotografías da visita.

Conferencia de Carlos López Ardao

 

    O próximo xoves, día 4, de 16.00 a 20.00 h, terá lugar neste centro unha conferencia dentro do Seminario Biblioteca do IES Sofía Casanova baixo o título: "Alfabetizacións múiltiples, apps educativas e traballo por proxectos".

            Ó longo da mesma trataranse asuntos como:

  - O Libro dixital na educación
  - O proxecto E-DIXGAL.
  - Ferramentas para creación de contidos educativos:
            A plataforma EDIXGAL.
            Ferramentas xenéricas: Ardora, Exe, Edilim
            Ferramentas na nube: Popplet, Prezi, Genially
            Formatos: SCORM, HTML (páginas, código incrsutado), ePub
   - Introducción á metodoloxía de aprendizaxe en rede.

    A disertación estará a cargo de  Carlos López Ardao, do departamento de Enxeñería Telemática da Universidade de Vigo.

            Leer mais.

Nuria Trillo medalla de bronce na Supercopa de España

 

    Nuria Trillo, alumna de 1º de Bachalalato neste centro acaba de conseguir a medalla de bronce na Supercopa de España de judo, 柔道,na súa categoria.

      ¡Parabéns Nuria!

Día escolar da paz e non violencia

   

   Vicedirección e o Departamento de Actividades Extraescolares convidan á comunidade educativa do IES a participar nos actos da mañá do venres 29 de xaneiro.

·  EXPOSICIÓN DE TRABALLOS de alumnos.
·  Realización dun CALIGRAMA COLABORATIVO  a partir dos deseños feitos polos alumnos de 3º EPVA BILINGÜE e os textos escollidos por alumnos de 1º ESO coa axuda do EQUIPO DA BIBLIOTECA. 
·  Interpretación musical do tema “Imagine” a cargo dos alumnos de 4º de ESO e a súa profesora de música.
· Danzas do mundo interpretadas polos alumnos de 1º BACH da materia de LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL.

     Ver cartel coas actividades.

Cinensino

   

    Houbo unha nova sesión de Cinensino para os alumnos de 1º e 2º de ESO o pasado xoves 21 de xaneiro.

    Os alumnos acudiron cos seus profesores ao teatro Jofre onde poideron ver a película "La familia Bèlier".
    Alí recibiron materiais didácticos para traballar nas titorías os contidos transversais da película.

Semana da froita

 

    O noso centro participa este curso unha vez máis no "Plan de consumo de froita nas escolas" coa axuda financeira da Comunidade Europea que se levará a cabo durante dous períodos ó longo do presente curso escolar.

   Repartirase FROITA GRATIS ao alumnado durante a semana do 18 ó 22 de Xaneiro e a segunda do 25 ao 29 de Abril.

    A froita será ecolóxica e suministrada pola"ECOTENDA 78". Teremos mazá do país, pera, mandarina, plátano, mazá Roial Gala...como vedes, teremos froita de tempada para todos os gustos.

    Agardamos que a saboreedes!

Distribuir contido


by Dr. Radut