Skip to Content

Acto de entrega do premio "Ferrolán do Ano" para o Sofía Casanova

   

    O 7 de xaneiro, festividade de San Xiao, celebrouse un programa de actos no que se entregou a este centro o distintivo de Ferrolán do Ano.

    Ese programa de actos comenzou ás 11:00 da mañá cunha misa na concatedral de san Xiao en honra do patrón de Ferrol. Paralelamente, o noso antigo director, Juan Silvar, falaba en Radio Voz, en representación do instituto.

Ás 12:00, no Teatro Jofre  (Ver fotos), a Corporación Municipal de Ferrol recibiu á Corporación Municipal de Lugo, ós directores e directoras da Compañía de María, IES Sofía Casanova, CEIP Recimil, CEIP Masdías, CEIP San Xoán, así como ós representantes do Club de Prensa, Escola de Hostelería da Armada e Colexio de Arquitectos-Delegación de Ferrol.

    A continuación tivo lugar o acto de sinaturas no Libro de Ouro do Concello (a dedicatoria do noso instituto corresponde ao segundo parágrafo do discurso que se pode ler máis abaixo).

Acto seguido:

     - Conmemorouse a irmandade co Concello de Lugo.

    - Tivo lugar a lectura do acordo plenario do 23 de decembro de 2014 sobre distincións.

    - Entregáronse as distincións de Ferrolán do Ano 2014 e as directoras e directores dirixiron unhas palabras ós asistentes. O discurso de agradecemento  do noso centro pódese ler na seguinte ligazón:  palabras ós asistentes.

      - Impuxéronse as Insignas de Ouro ás entidades correspondentes.

    Como colofón tivo lugar unha actuación da Banda Ferrolá de Música e unha degustación de arroz con leite.

 

 

 



page | by Dr. Radut