Skip to Content

Loita pola igualdade

   

     A partires do 8 de marzo, Día da Muller, a Comisión de Igualdade do centro levou a cabo unha iniciativa chamada "Loita pola Igualdade", onde o alumnado e o profesorado puido amosar a súa concienciación co feminismo, é dicir, coa ideoloxía que defende a igualdade de xénero e loita contra a discriminación cara á muller.

    A idea inicial era a de realizar mensaxes en favor da igualdade, aportando cada quen o seu toque persoal, pero tamén apareceron denuncias á fenda laboral, á invisibilización das mulleres artistas e científicas, á publicidade sexista... Aportando cada persoa o seu graíño de area, podemos levar a cabo moitas iniciativas distintas, pero, sobre todo, podemos cambiar as cousas.

    A Comisión de Igualdade quere agradecer inmensamente a participación e a implicación de profesorado e alumnado, axudando á visibilización da loita pola igualdade. Grazas a vós, atopámonos cada día máis preto de acabar coa discriminación e conseguir a xustiza.

    Cecilia Ramil López, responsábel da Comisión de Igualdade        Ver fotografías



page | by Dr. Radut