Skip to Content

Día da Biblioteca

   

    O Día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca.

    Con tal motivo Teredes visto por todo o instituto os carteis que fixemos para conmemorar esta data. Son fragmentos do discurso de Federico García Lorca na inauguración da biblioteca do seu pobo, Fuentevaqueros (Granada).
    Tamén deixamos constancia destes textos, e dos poemas galegos e da estancia de Federico G. Lorca na nosa comunidade, por medio de murais na biblioteca do centro. Ademais, o grupo de voluntariado da biblioteca tivo a idea de celebrar esta data coa primeira visita desta tempada ao xeriátrico.

Visita a Cabo Ortegal

 

    O martes, 16 de outubro, os alumnos de 1º bacharelato, acompañados dos seus profesores de Xeoloxía-Bioloxía , visitaron o Complexo Xeolóxico de Cabo Ortegal, zona litolóxica de referencia referente a nivel científico e divulgativo. 

    Neste percorrido os alumnos foron guiados polo doutor en Xeoloxía Francisco Canosa.

Roteiro "Ferrol coas Irmandades da Fala"

 

    Os alumnos de 4º ESO, co Equipo de Dinamización Lingüística e os departamentos de Xeografía e Historia e Lingua e Literatura Galega están a participar este mes de outubro no roteiro "Ferrol coas Irmandades da Fala". Figuras como Aurelio Ribalta, Xaime Quintanilla e Bello Piñeiro, institucións como o coro Toxos e froles, o Casino Ferrolán, a editorial Céltiga e aqueles lugares e persoas relacionadas coas Irmandades en Ferrol son obxecto desta visita.

  En GaliciaÁrtabra pode verse a relación de Ferrol coas Irmandades da Fala.

Club de ciencia

   

    O Martes 16 de Outubro celebramos a primeira reunión do Club de Ciencia do noso centro. Demos a benvida aos novos integrantes e os máis expertos explicáronlles en que consiste o noso club, todos veñen con moita ilusión e gañas de traballar.

    Queremos invitar ás familias, aos rapaces e aos profesores a unirse ao noso club para poder compartir experiencias e inquietudes científicas.

    Esperámosvos!

Formación para alumnado do Proxecto Erasmus+ Robot Dance

   

   No marco do Erasmus+, no que o centro IES Sofía Casanova participa no Proxecto Robot Dance 2017-2020. Alumnado, con profesorado acompañante, de Gales e Finlandia estiveron o luns 8 de outubro no noso centro para compartir connosco toda una xornada, na que aprenderon como os nosos alumnos empregan o Lego Mindstorms EV3.

    En días posteriores, o alumnado participante do noso centro puido disfrutar cos seus colegas europeos dun paseo en Lancha pola Ría, así como dunha Masterclass de programación de robots de Lego na UDC impartido por profesorado universitario.

    Resultaron unhas experiencias moi enriquecedoras para o alumnado e profesorado participante.

Club de lectura xuvenil, 2018-2019

   

    O vindeiro martes 9 de outubro comenza a nova tempada do noso Club de Lectura Xuvenil.

    Convidamosvos a todos a participar. 

Reunión inicial pais, titores

 

   Comunícase que o vindeiro xoves, día 4 de outubro, está convocada a reunión inicial entre os pais e os titores.

    Horario: 

                   Ás 16:30 h pais de alumnado de bacharelato

                   Ás 17.00 h pais de alumnado da 3º e 4º da ESO

                   Ás 17.30 h pais de alumnado da 1º e 2º da ESO

GIRL STEM: derrubando estereotipos

   

     As alumnas e os alumnos de 1º de Bacharelato e de 4º de ESO participaron o mércores 26 nunha charla organizada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) co fin de reducir a fenda entre mulleres e homes nos estudos dos campos STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas), áreas nas que o alumnado feminino apenas se sitúa en torno ao 30%.

         "GIRL STEM: derrubando estereotipos" trátase dun programa de "mentoring" con mulleres referentes de recoñecido prestixio que, a través de diferentes sesións de traballo, achegan a súa experiencia aos centros de ensino, falando da súa traxectoria, clarificando dúbidas e contribuíndo a derrubar estereotipos.

Distribuir contido


by Dr. Radut