Skip to Content

Un alumno do Sofía destaca na Olimpiada Química Galega


 
 

     O alumno deste centro, Roberto Losada García, figura entre os mellores alumnos e alumnas dos centros de bacharelato de Galicia que participaron nas probas da XXXV Olimpíada Galega de Química 2018, acadando o sexto posto no distrito universitario de A Coruña.

    O Diario de Ferrol , La Voz de Galicia   e   GaliciaÁrtabra   fanse eco do seu éxito.

    Parabéns Roberto!

 

Concerto

   

    O pasado martes 3 de abril, alumnos de 1º, 2º e 3º ESO, asistiron no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, a un concerto didáctico: "O ritmo e a palabra".

    A percusión foi o instrumento protagonista do concerto didáctico que ofreceou o percusionista da Real Filharmonía de Galicia José V. Faus, alumnos da Escola de Altos Estudios Musicais, e o compositor e narrador Fernando Buíde

       Programa  e  Vídeos                                          Fotos    

A mocidade coa lingua

 

     O xoves 5 de Abril, alumnos de 1º de Bacharelato, asistiron á "A mocidade coa lingua", acompañados por dúas profesoras dos departamentos de Lingua Galega e Música.

    O festival, organizado pola Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, cumpriu 26 anos, e nel participaron centros de toda a comarca, ademáis do grupo profesional A banda da loba.

              Fotos                  Vídeos

 

Almorzos Saudables


 
 

     Unha alimentación correcta e equilibrada é a elección máis importante que podemos facer para influír positivamente a medio e longo prazo na nosa saúde. A Xornada de “Almorzos Saudables” pretende promover, nun dos grupos máis vulnerables, o hábito de realizar un almorzo equilibrado e suficiente, empregando os menos aditivos prexudiciais posibles. A xornada englóbase no itinerario de “Hábitos de vida Saudable” no que está inmerso o IES Sofía Casanova dentro dos Contratos Programa, en concreto na actuación “Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros”.

              A xornada consta dunha degustación de tipo buffet con 3 estacións:

    1. Batidos de froita natural elaborados no momento e/ou froita natural.

    2. Tostas variadas, combinando pan do día de diferentes clases, queixos, marmeladas e froitos secos.

    3. Iogur combinado con diferentes tipos de cereais sen aditivos.

          A actividade foi organizada polos deptos. de EF, CCNN e ACE, coa colaboración da ANPA   

                                                  Ver fotografías

Premios extraordinarios de Bacharelato

   

    O día 15 de marzo, publicouse no DOG a Orde do 27 de febreiro de 2018 pola que se convocan os premios expraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2017-2018.

    A estes premios pode optar o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2017/18 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, que fose proposto para o título na convocatoria ordinaria do dito curso e obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

    Hai vinte premios extraordinarios cunha dotación global de 20.000 euros. Cada premio estará dotado con 1.000 euros.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día 2 de maio de 2018.

                                       máis información

Procedemento de admisión de alumnado para o curso 2018-2019. Entrega de documentación.

   

    Rematado o prazo de entrega de solicitudes para a escolarización do ano académico 2018-19, informámos que aquelas persoas que solicitaron praza para o 1º curso de Bacharelato deberán entregar na Secretaría a documentación dos criterios alegados na solicitude para proceder á baremación, xa que se presentaron mais solicitudes que prazas se ofertan.

   -Todos deberán traer un certificado do padrón municipal actual, con todos os membros da unidade familiar, e de ser o caso, outra documentación alegada (certificado traballo,etc).

     Os días para entregar a documentación requerida abranguen dende o día 3 ao 10 de abril incluído.

     Nos restante cursos non será necesario entregar ningunha outra documentación, xa que quedaron prazas vacantes.

Visita ao CIEC e ao Betanzos medieval e modernista

   

     O 13 de marzo, os alumnos de Técnicas de Expresión Gráfico Plástica e Historia da Arte (2º bacharelato) fixeron un roteiro medieval e modernista por Betanzos. Foron tamén ao taller de gravado no CIEC (Centro Internacional da Estampa Contemporánea), para coñecer os diferentes tipos de gravado e facer unha práctica de gravado en metal.

                               Fotos

Voluntariado na biblioteca: charla sobre igualdade a cargo dos maiores de Geriatros.

   

   O venres, 9 de marzo, ás 16.00 h, o grupo de Voluntariado da Biblioteca recibiu a visita dos maiores da residencia Geriatros de Ferrol.
    Viñeron para coñecer o centro e dar unha charla sobre igualdade, baseada nas experiencias que a elas lles tocou vivir. Asistiron despois ao ensaio do grupo de teatro, e quedaron en volver á estrea, o día 29 de maio. Con este suman tres os encontros entre o grupo de voluntarios e os maiores de Geriatros.
    Para máis información, vid. esta entrada do blog da Biblioteca e as fotos do encontro.

    La Voz de Galicia, na sua edición para Ferrol, recolle a iniciativa.

Distribuir contido


by Dr. Radut