Skip to Content

Lingua Galega

ACCIÓN ARTÍSTICA CONTEMPORÁNEA

   

    Durante o terceiro trimestre deste curso o alumnado de 3ºESO participou nunha nova edición da “Acción Artística Contemporánea” titulada “Cuidamos a Terra. Queremos Futuro” que culminou cunha exposición dos traballos realizados no Centro Cultural Torrente Ballester.

    Nesta ocasión a temática elixida era o mar, unha cuestión abordada desde moi diferentes perspectivas e que involucrou a un gran número de estudantes e profesorado. Foi así que desde as materias de Cultura Clásica e Lingua Galega foron estudados os mitos e lendas relacionados co mar.

A escritora Andrea Maceiras no Instituto

         O día 9 de marzo a escritora Andrea Maceiras visitou o noso Instituto para dar unha charla ao alumnado de 1º ESO sobre a súa novela Conta nove estrelas, unha aventura de ciencia ficción, que obtivo o Premio Lazarillo 2018.

Irene Fernández Arias gañadora do Carmela Loureiro, en microrelatos

   

    Irene Fernández Arias, de 4º da ESO, que presentou un relato titulado: Acompáñame, resultou gañadora na categoría de Microrrelatos da V edición do Certame literario Carmela Loureiro, convocado polo Concello de Ferrol e a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra (CENL).
    Dende o centro e o Equipo de Dinamización queremos felicitar a todo o alumnado que se animou a participar e moi especialmente a Irene. Desexando que siga escribindo e compartindo os seus textos con nós, e que este sexa o primeiro de moitos premios.

Roteiro "Ferrol coas Irmandades da Fala"

 

    Os alumnos de 4º ESO, co Equipo de Dinamización Lingüística e os departamentos de Xeografía e Historia e Lingua e Literatura Galega están a participar este mes de outubro no roteiro "Ferrol coas Irmandades da Fala". Figuras como Aurelio Ribalta, Xaime Quintanilla e Bello Piñeiro, institucións como o coro Toxos e froles, o Casino Ferrolán, a editorial Céltiga e aqueles lugares e persoas relacionadas coas Irmandades en Ferrol son obxecto desta visita.

  En GaliciaÁrtabra pode verse a relación de Ferrol coas Irmandades da Fala.

Actuación do grupo de teatro do IES Sofía Casanova

   

     Rematou maio no Sofía coa representación de “Polo interés, quérote Marqués”, o día 31, a cargo do grupo de teatro do IES Sofía Casanova, dirixido por José Luis Paz.

    Na sesión da tarde estivo presente a autora da obra, Mari Carmen Martínez, que veu acompañada de dous actores do seu grupo de teatro.

    Tras as representacións (dúas pola mañá e unha pola tarde), os actores agradeceron a colaboración da ANPA e dos distintos membros da comunidade educativa que fixeron posible o resultado final.

En galego, con G

        Os alumnos de 4º ESO asistiron o luns, día 7, á representación de Cránios privilexiados, no Teatro Jofre, a cargo de Mofa & Befa. O acto, encadrado nas xornadas Teatro con G, foi organizado polas Equipas de Dinamización e o Concello de Ferrol.

Premios poesía e imaxe "en galego, sen filtro" 2018

   

   Entre os premiados nesta edición, figuran os alumnos de EPV Aldryn Rodríguez Guzmán (2º ESO) e Patricia Prego Dacuña (2º bacharelato).

    A imaxe creada por Aldryn parte dun poema en lingua bielorrusa; a de Patricia, dun poema en lingua galega.

A mocidade coa lingua

 

     O xoves 5 de Abril, alumnos de 1º de Bacharelato, asistiron á "A mocidade coa lingua", acompañados por dúas profesoras dos departamentos de Lingua Galega e Música.

    O festival, organizado pola Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, cumpriu 26 anos, e nel participaron centros de toda a comarca, ademáis do grupo profesional A banda da loba.

              Fotos                  Vídeos

 
Distribuir contido


by Dr. Radut