Skip to main content

O IES de Teis celebra o Magosto

Un novo ano celebramos no IES de Teis a festa do Magosto. Todos nos enchemos de castañas e... que boas que estaban!!!

Este ano tiñamos a novos “currantes” manexando o mítico forno feito con vellos tambores de lavadora onde asamos as castañas no noso centro. O profe Bernardo xa non está, despois de moitos anos sendo Mestre castañeiro deixou o seu legado e a verdade e que o novo Mestre, Pepe, estivo á altura. Ademais, como vedes nas imaxes traía pinche de cociña!

O alumado comeu todas as castañas que quixo, divertíndose nunha xornada festiva no centro. Pero non so comían castañas os alumnos e alumnas. Moitos profes tamén pasaron pola cola para que encher o cucurucho feito de papel de periódico. Algúns varias veces...

Ao fronte do reparto estiveron moitos repartidores pero Ánxeles e Bernardo estiveron dando a cara ante tanto alumno famento de castañas.

Pero non todo foi comer castañas... Algúns profes prepararon unhas deliciosas lambetadas en forma de marmeladas, bicas e moitas máis cousas. Ummmm, que ricas! Tamén contribuíu a tanta lambetada Tamara, a responsables da cantina.

Cando todo remataba, os alumnos de ciclo medio de informática sacaron unhas costelas de carne... Como? O grupo organizou unha churrascada co profesor Fran e ben que a saborearon.

Deixámosvos coa fotos do evento, que esperamos que vos gusten!

 

Galería de imaxes do evento

 

Ver galería externa

Esta página usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en http://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License