2º de Bacharelato - Bioloxía : Metabscrabble 2.0. Un curso máis xogando coas rutas metabólicas
Enviado por bixe o Sáb, 13/02/2016 - 22:22
Comprender os contidos de bioquímica e metabolismo adoita ser dificil para o alumnado, dado o grao de abstracción e de visión de conxunto que require.
Foi no curso 2009-2010 cando xurdiu a idea de converter todos eses contidos nun xogo de mesa, para motivar ás mozas e mozos e facilitar o proceso de aprendizaxe. Naquel momento usamos un prototipo realizado a man, aproveitando pósters reciclados e anacos de cartón branco.