Actividades

APERTURA PRAZO DE RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2024/25 PARA CENTROS ADSCRITOS

INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN(A GÁNDARA, ATIOS, JORGE JUAN E SANTIAGO APÓSTOL)

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro. As solicitudes tramitaranse a través da aplicación:

www.edu.xunta.gal/admisión alumnado.

As familias tm poderás cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual empregando o formulario en papel ou a través da aplicación admisionalumnado no menú:

Solicitudes > Reserva > Crear

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle- procedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

O comportamento da aplicación depende de se a solicitude se cobre estando identificado ou non.

1. Usuarios sen identificar

Unha vez introducidos todos os datos, deberá premer no botón Crear aparecendo a seguinte mensaxe para poder descargar a solicitude e o anexo I Bis que deberá presentar no centro. Tamén poderá imprimir o xustificante co código da solicitude.

 

 2. Usuarios identificados

Unha vez gravada a solicitude na aplicación, aparecerán as opcións para presentar e asinar a solicitude na sede electrónica ou para descargar o informe (solicitude), imprimilo e presentalo no centro educativo.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer