Actividades

Acreditación dixital para alumnado de 4º ESO e 2º Bacharelato

A Xunta vén de publicar a Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

Na seguinte ligazón atópase o modelo de solicitude de inscrición nas probas específicas para acreditación das competencias dixitais do alumnado (4º ESO e 2º Bacharelato). A solicitude de inscrición poderá presentarse na Secretaría do centro ou enviala escaneada á dirección de correo electrónico do centro, ies.terra.trasancos@edu.xunta.es. O prazo de presentación de solicitudes remata o venres 8 de marzo ás 13:00.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer