Nota informativa sobre LIBROS de 1º e 2º da ESO (E-DIXGAL)

17/07/2019
Atlantic/Bermuda

 

EMPRÉSTIMO DE LIBROS DE 1º E 2º ESO

Aínda que os alumnos adscritos ao proxecto E-DIXGAL NON TEÑEN DEREITO ao fondo solidario de libros (Orde do 3 de maio de 2019, publicada no DOG 94 do 20 de maio, Cap. I, art. 2 punto 2), o equipo directivo do centro decidiu repartir os libros de 2º da ESO do seu fondo entre os alumnos deste nivel.

Infelizmente na matrícula non se incluíu ningún documento para as familias faceren constar o seu desexo de obter libros do fondo polo que non é posible saber o número de interesados. Esta circunstancia está a causar dúbidas e incerteza entre os familiares dos nosos alumnos, motivo polo que pedimos desculpas.

Con estas circunstancias e feitos cálculos de alumnos matriculados e dos libros na nosa pose, resulta que correspondería un libro, dunha materia, distribuídas aleatoriamente, para cada alumno matriculado na convocatoria de xullo en 1º ESO e dous libros por alumno en 2º ESO.

Nos próximos días contactaremos coas familias do alumnado matriculado en xuño. Os libros entregaranse ao inicio de curso en setembro.

Listaxes provisionais de admitidos e excluídos fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar curso 2019-2020

Publícase a listaxe provisonal de solicitudes admitidas e excluídas no fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar para o curso 2019-2020:

Listaxe de solicitudes admitidas

Listaxe de solicitudes excluidas

 

Contra estas listaxes poderase presentar reclamación ata o día 12 de xullo de 2019 incluído.

 

Os cheques de material estarán dispoñibles para a súa recollida na administración do centro nas seguintes datas:

  • Alumnado matriculado en xullo e setembro: a partir do 17 de setembro de 2019.

Lembramos que os cheques deben recollelos as persoas solicitantes en persoa e que en caso de non poder facelo deberán autorizar por escrito a outra persoa maior de idade a recollelo no seu nome,

 

Lembramos tamén que o alumnado que solicitou o fondo de libros e xa teña algún libro seu (por repteición, telo dalgún irmán/a ou calquera outro motivo) deberá indicalo na administración do centro antes do día 10 de setembro de 2019 para intentar que os libros asignados do fondo sexan outros dos que xa se teñen.

Relación de libros de texto. Curso 2019-20

Relación de LIBROS DE TEXTO para todos os cursos de ESO e Bacharelato para o curso 2019-1020

 

Datas das probas extraordinarias de setembro 2019

Nas páxinas adxuntas, abaixo, están a datas e horas en que se realizarán as probas extraordinarias de setembro.

Recollida de libros de texto

O vindeiro venres 21 de xuño vaise proceder á recollida de libros de texto. No arquivo adxunto teñen toda a información.

Matrícula ordinaria e anticipada*

(Horario de 09:30 a 13:30)

 

NIVEL

DATA

1º ESO

Luns, 1 de xullo



2º ESO



3º ESO

Martes, 2 de xullo

4º ESO

Mércores, 3 de xullo

1º Bacharelato

Xoves, 4 de xullo

2º Bacharelato

Venres, 5 de xullo

CICLO FORMATIVO

Ver normativa aplicable (aulas CF)

INCIDENCIAS

Luns, 8 de xullo

 

Prazo de matrícula para o alumnado de ESO con:

*Todas as materias aprobadas (matrícula ordinaria)

*UNHA materia suspensa (matrícula anticipada)

*DÚAS materias suspensas, que non sexan á vez Matemáticas + Lingua Galega ou Matemáticas + Lingua Castelá (matrícula anticipada)

Prazo de matrícula para o alumnado de Bacharelato con:

*TODAS as materias aprobadas (matrícula ordinaria)

*UNHA ou DÚAS materias suspensas (matrícula anticipada)

 

Prazo de presentación de reclamacións

 

(Horario de 09:30 a 14:00)

NIVEL

DATAS

2º de BACHARELATO

CICLO FORMATIVO

25 e 26 de XUÑO1

1º DE BACHARELATO

1º, 2º, 3º e 4º de ESO

26 e 27 de XUÑO2

 

1Comunicación da resolución: día 27, 10:00 horas

2Comunicación da resolución: día 28, 10:00 horas

Calendario de entrega de boletíns de cualificacións

 

DÍA

HORA E NIVEL

LUNS, 24 DE XUÑO

09:30 ENTREGA DE BOLETÍNS DE 2º BACHARELATO

10:00 ENTREGA DE BOLETÍNS CICLO FORMATIVO

MARTES, 25 DE XUÑO

10:00 ENTREGA DE BOLETÍNS DE 4º ESO

10:30 ENTREGA DE BOLETÍNS DE 1º ESO

11:00 ENTREGA DE BOLETÍNS DE 1º BACH

13:00 ENTREGA DE BOLETÍNS DE 3º ESO

14:45 ENTREGA DE BOLETÍNS DE 2º DE ESO

4º posto na II Olimpíada de Historia "Fai Historia con nós"

Este venres acadamos un fantástico 4º posto na II Olimpíada Galega de Historia "Fai Historia con nós", celebrada na Facultade de Historia de Ourense. Nesta edición participaron un total de 120 alumnos/as de 4º ESO de 30 centros de Galicia.
Parabéns aos nosos representantes e á profesora Montse García-Lastra Merino, que os acompañou.

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar. Curso 2019-2020

1.- NORMAS XERAIS

Dirixida ao alumnado do centro, que pode solicitar:

  • ALUMADO DE 1º E 2º DE ESO: Só axudas para adquirir material escolar. Este alumnado non poderá solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto xa que ao ser o noso centro un centro EDIXGAL todo o alumnado destes niveis teñe garantidos un mínimo de 6 libros dixitais gratuitos.
  • ALUMADO DE 3º E 4º DE ESO: Participación no fondo solidario de libros de texto e/ou axudas para adquirir material escolar.

 

2.- OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS

  • Devolver os libros de texto recibidos do fondo solidario no curso 2018/2018. 
  • Conservar en bo estado os libros de texto recibidos do fondo solidario no curso escolar 2019/2020.
  • Destinar o importe do vale de material a adquirir o material escolar que necesite.

 

3.-PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

PRAZO: As solicitudes poderán facerse entre o 21 de maio e o 21 de xuño de 2019.

MODO: O solicitante será o pai/nai/titor legal do alumno.

  • Presentación electrónica: unha solicitude por fillo/a.
  • Presentación non electrónica: unha solicitude única para todos os fillos admitidos no mesmo centro docente

LUGAR: As solicitudes poderán facerse:

  • Preferiblemente por vía electrónica nos formatos dispoñibles na aplicación fondolibros: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros a través da sede electróncia da Xunta de Galicia.https://sede.xunta.gal.
  • Presencialmente no centro docente no que estea admitido o alumno para o curso 2018-2019.
  • Calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

FORMULARIO: (Anexo I) dispoñible:

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:

Xunto coa solicitude haberá que entregar a seguinte documentación, referida á situación a 31 de decembro de 2017:

  • Anexo II: comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar.
  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

Segundo a situación do alumno/a haberá que entregar outra documentación (sentencia xudicial de separación ou divorcio, documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbitofamiliar, resolución administrativa o xudicical que acredite a situación de acollimiento...).

 

4.- CALENDARIO DE APLICACIÓN

  • Presentación de solicitudes: do 21 de maio ao 21 de xuño de 2019 (incluídos).
  • Listaxes provisionais de admitidos e excluídos: 11 de xullo de 2019.
  • Listaxes definitivas de admitidos e excluídos: 13 de setembro de 2018.
  • Entrega de vales de material: unha vez formalizada a matrícula para o curso 2018-2019 (publicaránse as listaxes segundo estean dispoñibles).
  • Entrega de libros do fondo: do 16 ao 27 de setembro de 2019.

 

5.- LEXISLACIÓN APLICABLE

Procedemento para a reclamación das cualificacións finais

Informámoslles que xa foron publicadas as instruccións sobre o procedemento para a reclamación das cualificacións finais.

Admisión 2019: Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido

Publícanse as listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido no proceso de admisión para o curso 2019-2020 para os cursos:

 

1º ESO

2º ESO

1º BACHARELATO

 

Segundo a normativa vixente, poderase formular recurso de alzada diante do titular da Xefatura Territorial no prazo dun mes, contados ao partir do seguinte ao da publicación das listaxes.

Ben veñas, maio 2019

A participación do alumnado do noso centro no Ben veñas, maio deste ano foi todo un éxito. Obtivemos un total de seis galardóns:

2º premio de fotografía       Cristian Santiago Palacios
1º premio de banda deseñada       Miguel Bouzas Rodríguez
1º premio de narrativa (categoría A)       Carlos Matías Pires
2º premio de narrativa (categoría A)       Irene Caamaño Martín
2º premio de narrativa (categoría A)       Manuel Salgado Lafuente
2º premio de narrativa (categoría B)       Andrés Pardo Carballo

 

Proba diagnóstica para a avaliación final de ESO

A LOMCE establece una proba de avaliación final en 4º de ESO que non terá efectos académicos, será mostral e terá finalidade diagnóstica. O noso centro foi un dos seleccionados na nosa comunidade para realizar dita proba.

As datas de establecidas para levala a cabo son o 28 e o 29 de maio.

1ª parte da proba - 28 de maio

HORA     COMPETENCIA
08:45 - 09:45     Comunicación lingüística (Lingua castelá e literatura)
09:45 - 10:00     Descanso
10:00 - 11:00     Matemática (Matemáticas)
11:00 - 11:15     Descanso
11:15 - 12:15     Social e Cívica (Xeografía e Historia)

 


 

2ª parte da proba - 29 de maio

HORA     COMPETENCIA
08:30 - 09:30     Comunicación lingüística (Lingua galega e literatura)
09:30 - 09:45     Descanso
09:45 - 10:45     Comunicación lingüística (Lingua inglesa)

 

 

Dispoñible unha nova funcionalidade en abalarMóbil: a mensaxería

A través deste novo servizo o profesorado poderá enviar unha mesaxe aos/as responsables dun/dunha alumno/a ou dun grupo deles, e opcionalmente poderán permitir que os/as responsables respondan á mensaxe iniciando así unha conversa privada con eles/as. Este novo servizo está dispoñible a partir da versión 1.3.0 da aplicación móbil tanto para dispositivos Android como iOS

Manual para os/as responsables

Manual para o profesorado

As familias que descarguen a aplicación van a poder seguir consultando desde o seu dispositivo móbil as cualificacións, solicitar unha cita de titoría, consultar e xustificar as faltas de asistencia, as faltas de conduta, os horarios e as materias, as incidencias creadas polo profesorado así como os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo e modificar o idioma da aplicación. Actualmente, 142.245 usuarios xa se están beneficiando desta ferramenta de comunicación.

 

Festa Holi de fin de curso

Ven celebrar con nós o remate das clases. Apúntate en Vicedirección.

 

Distribuir contido