O irmán do vento, de Manuel Lourenzo

Montserrat Esperón Iglesias (2º C Bacharelato adultos )

Este libro narra a historia dun neno en primeira persoa, trata dun neno iraquí que escribe cartas ao seu amigo galego pero que en realidade esas cartas son como o seu diario no que vai contando todo o que lle pasa cada día e como viviu el a guerra de Iraq.

Persoalmente este libro pareceume fantástico e moi entretido, a maneira de narrar as dúas historias paralelas pareceume magnífica. Este libro gustoume moito porque aprendes costumes doutro país e tamén que ás veces os teus inimigos son os teus aliados.

Tamara Martínez Calvar, 2º Bacharelato Adultos

O libro Irmán do vento está baseado na guerra iraquí e estadounidense, trata dun rapaz que tras ser enviado o seu pai a guerra trata de descubrir onde está e se realmente está morto  ou ferido . Tamén  está namorado dunha rapaza, Amrah. Neste libro trátase o amor, a guerra, a xustiza e sobre todo a perspectiva dun rapaz sobre a crueldade sobre o seu pobo.