CONFERENCIA-COLOQUIO DE EXDEPUTADOS DO PARLAMENTO DE GALICIA

O pasado martes 15 de decembro tivo lugar unha conferencia-coloquio para o alumnado de 3º de ESO de exdeputados do Parlamento de Galicia. Nela interviron Pedro Manuel Mariño Campos (PSdeG-PSOE) e Salomé Álvarez Blanco (BNG). Marisol Bueno Berrío-Ategortuja (PPdeG) non puido acudir. Comezouse cunha proxección audiovisual que amosou un percorrido pola realidade da principal institución política de Galicia. Tras a presentación da directora do Centro, os exparlamentarios explicaron as funcións da Cámara autonómica, a súa composición e órganos e contestaron ás preguntas do alumnado que deron lugar a un interesante debate.