O neno co pixama de raias, de John Boyne

Gabriel Blanco García, 1º ESO (B)

 

Trata sobre unha familia de catro persoas: o pai (que é un alto cargo nazi), a nai, a filla maior (Gretel) e o neno pequeno (Bruno).

A familia vivía nunha luxosa casa de tres pisos en Berlín, pero a historia complícase cando ao pai o destinan a un lugar chamado Auschwitz, pero a casa non ten nada que ver coa de Berlín. Para empezar, non ten tres pisos, só dous, a pintura das paredes está esconchada e o teito cheo de gretas.

É un pouco complicado de ler, pero é unha historia que deixa marca e é difícil de esquecer, excelente e conmovedora. Unha historia que recomendo a lectores desde 10 anos ao resto de idades. Calquera persoa que saiba valorar a literatura pode ler e gozar.

Na miña opinión, é un libro espectacular, que consegue meterte de cheo na lectura.

Na biblioteca do instituto só hai un exemplar, penso que debería haber máis para ofrecérllelo a máis usuarios porque é un libro que de verdade “faite viaxar”.

Se alguén ten dúbidas ou pensa que é “un ladrillo”, eu aseguro que non se trata dese tipo de libro. É sinxelamente perfecto. Calquera persoa que o lese sabe ben ao que estou referíndome.

Se tivera que avalialo do 1 ao 10 daríalle un 10. É un libro que invita a ler, deses en que cada capitulo que les incentívate a ler o seguinte

É un pouco conmovedor, pero á vez é moi emocionante, deixa pegada e estou completamente seguro de que non vou esquecelo, ao mellor os personaxes e os capítulos, pero non o valor que me transmitiu mentres o lía, o verdadeiro valor da amizade.