Proxecto bolboreta, de Andrea Maceiras

Desirée Da Silva Martínez 1º A

O libro está moi ben, non lle poño dez poque hai cousas que as explica científicamente e é difícil entendelo. Pero de verdade gustoume moito.

Andrea Caeiro - 1 B de ESO

Este libro é unha boa forma de coñecer cidades novas, xa que o protagonista, Hadrián, viaxa polo mundo e coñece a persoas como Martina, unha moza que o axuda durante todo o proxecto a librarse de outros científicos que ambicionaban a fama que estaba a recibir por viaxar dende Pekín ata Nova York, coa axuda do diñeiro que lle mandaban dende a base experimental en Galiza. Ela resultou ser unha cómplice dos inimigos pero pediulle perdón a Hadrián e el co seu bo corazón perdoouna e continuaron a viaxe xuntos ata o final.