Parabéns a Laura Prado Argibay

A nosa alumna Laura Prado Argibay conseguiu unha bolsa de estudos High School financiada pola Fundación Barrié e a Fundación Amancio Ortega para cursar o ano que vén 1º de bacharelato en EEUU. Esta bolsa inclúe a estadía cunha familia norteamericana e a asistencia a unha high school pública.

A finalidade destas bolsas é que o alumnado galego perfeccione o seu inglés e mellore a súa formación integral.

Para participar na selección cómpre superar un 7,5 de media no curso anterior, algo moi fácil para Laura que acadou máis dun 9. Alén diso, hai que pasar unha proba de inglés oral e escrito.

Parabéns de toda a comunidade educativa a Laura e á súa familia.