RECURSOS DIXITAIS. WEB MEIGA.

Seguimos explorando a páxina web Meiga da nosa biblioteca. Recordamos o enderezo:

http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=PED053

Sempre na columna da esquerda, temos acceso a diversos Buscadores web. Hai vida máis alá de Google, por que non probar? Algúns ofrecen especialización en temas como a información científica, están seleccionadas as fontes por expertos ou axúdanche a chegar á "Internet invisible".

Nos Recursos electrónicos temos webs recomendadas, información sobre revistas variadas, ligazóns á Biblioteca Virtual Galega ou á Biblioteca Dixital Galega, ambas cunha interesante oferta de textos literarios, xornalísticos ou mesmo cartográficos. A ligazón á Praza das Letras invítanos a facer un percorrido pola creación literaria do país.

Por último, temos a posibilidade de acceder a recursos electrónicos restrinxidos para os usuarios da Rede de Bibliotecas de Galicia. Algúns sodes socios da Biblioteca Pública e xa os coñecedes. Para acceder a eles pediranvos unha clave. No Código de Usuario debedes poñer o nº de lector da biblioteca do IES Valle Inclán; no Contrasinal, o voso primeiro apelido en letras minúsculas.

Podemos así entrar no Compendio Educativo en Red, nas enciclopedias dixitais Enciclonet, Ocenet Saber ou Shale; no Diccionario Akal de Filosofía, no Diccionario Akal del Antiguo Egipto; na Hemeroteca Dixital Iconoce de Sarenet (servizo de novas aparecidas en medios dixitais de todo o mundo), ou no dicionario de inglés da Oxford University Press, entre outros.