Recomendámosche

Contos das illas extraordinarias do Atlántico.

Un libro de relatos fantásticos que nos transporta alén dos mares, onde sempre existirán historias fascinantes que nos fan soñar.

Contos extraordinarios de illas e illas extraordinarias de conto.

FANTASMAS DE LUZ

 Xa temos un novo libro de Agustín Fernández Paz , unha verdadeira homenaxe ao cine e sobre todo a aquelas persoas que nunca deixan de ter a súa propia luz. 

Novidades. Día Mundial do Libro.

Estas son as últimas novidades que podedes topar na biblioteca. Ademais, se chegades ao final do documento podedes ler o poema que Carlos Negro agasallou ás Bibliotecas Escolares de Galicia no Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor 2011.

O amor nos libros...

Hoxe comezamos unha nova exposición na biblioteca con libros dedicados ao tema do amor. No arquivo adxunto están algúns dos títulos que seleccionamos. Ademais, se esta semana pasades pola biblioteca, regalamos un poema (de amor).

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Poñemos aquí tamén a pequena guía de lectura para vacacións que xa entregamos nas aulas. E lembrade:

Vivir sen ler é perigoso, porque obriga a conformarse coa vida.

                                                                    M. Houellebecq

25 de novembro. Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

O 25 de novembro é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller por resolución da ONU de 1999.

Dende a biblioteca do centro queremos informarvos acerca de todo o material relacionado con esta conmemoración que poñemos á vosa disposición: libros, música, recursos na Rede, cine.

De entre os moitos libros que poderíamos recomendar temos os seguintes:

- 'O inferno de Marta' de Pasqual Alapont. Esta novela ofrece ao rematar un interesante informe de Vicente Garrido Genovés.

- 'El diario azul de Carlota' de Gemma Lienas. Como 'O diario vermello' que moitos xa lestes, é unha mestura de ficción e documento divulgativo. Trata as formas de violencia ás que se enfrentan as adolescentes.

- 'Amores que matan' de Vicente Garrido Genovés. É unha análise detallada da violencia física e emocional contra a muller.

- 'O club da calceta' de María Reimóndez. Achégase aos distintos tipos de maltrato a mulleres de variada procedencia.

- 'A cabeza de Medusa' de Marilar Aleixandre. Narra a busca de xustiza dunhas rapazas vítimas dunha violación.

- 'Amanecer en el desierto' de Waris Dirie. Unha famosa modelo conta a experiencia persoal do maltrato á muller africana.

- 'La ira del fuego' de Henning Mankell. Conta a historia dunha nena africana, olvidada entre os olvidados.

- 'Destrucción' de Xavier López Rodríguez. Fala da humillación dunha muller e tamén da súa vinganza.

- 'El color púrpura' de Alice Walker. Presenta a situación das mulleres negras en EE.UU. a mediados do século XX.

Non temos moito cine aínda, e case nada relacionado con este tema . Só a película 'Solas' de Benito Zambrano. Pero podemos invitarvos a buscar e ver: 'Solo mía' de Javier Balaguer (2001); 'Te doy mis ojos' de Iciar Bollaín (2003) ou 'Flores de otro mundo' de Iciar Bollaín (1999).

O que si está a disposición de todos na Rede é o blog dunha profesora do instituto de Forcarei, Trafegando Ronseis que reúne unha importante colección de materiais audiovisuais, curtametraxes, campañas de publicidade, montaxes...

O portal do audiovisual galego Flocos.tv pon á nosa disposición tres curtametraxes: 'A miña casa é unha inferno', 'Amelia e as sereas' e 'As cores do frío'.

Se o que queredes é ter información sobre o tema recomendamos algúns recursos dixitais.

http://violenciadexenero.blogspot.com/ É un blog moi completo dunha profesora do IES de Ribeira. Ofrece ademais enlaces moi interesantes. Algúns deles, os que pertencían ao Servizo Galego de Igualdade (que agora xa non existe) están anulados.

http://www.educacionenvalores.org/spip.php?mot25 Ten abundante información e algunhas unidades didácticas preparadas para as aulas.

http://www.ungei.org/index.php Páxina da ONU dedicada a promover a educación entre as mulleres.

http://educarenigualdad.org/ Recursos educativos para a igualdade e a prevención da violencia de xénero.

http://www.migualdad.es/ss/Satellite?c=Page&cid=1193047246325&language=ga_ES&pagename=MinisterioIgualdad%2FPage%2FMIGU_Subhome Páxina do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade.

http://igualdade.xunta.es/violencia-de-xenero Esta é a páxina da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta.

http://bibliofernandoblanco.blogspot.com/search/label/violencia Traballos que fixeron os alumnos de 4º de ESO do IES Fernando Blanco

http://www.slideshare.net/desobedienciayfelicidad/la-violencia-de-gnero-a-travs-del-humor-grfico Un percorrido pola violencia de xénero a través do humor gráfico.

http://www.nodo50.org/mujeresred/spip.php?rubrique68 Recolle a presencia da violencia de xéneo nos medios de comunicación.

http://redfeminista.org/ Aquí podemos topar varios informes, entre eles un feito pola Organización Mundial da Saúde sobre distintos tipos de violencia.

 En canto á música achegamos unha pequena selección do que se pode escoitar en youtube. Aceptamos outras suxestións!

- Amaral: 'Salir corriendo'. http://www.youtube.com/watch?v=ZvsuCMVU0Ug

- Bebe: 'Ella' http://www.youtube.com/watch?v=1VH6LG2WDD4

- Bebe: 'Malo' http://www.youtube.com/watch?v=G9q_ao91Now&NR=1

- Huecco: 'Se acabaron las lágrimas' http://www.youtube.com/watch?v=2jkOxacyfwM

- Los Suaves: 'No le grites' http://www.youtube.com/watch?v=TOuJLYFD3Uw

- Revólver: 'Lo que Ana ve' http://www.youtube.com/watch?v=YLy2OVRo_Xs

- Pedro Guerra: 'Hogar' http://www.youtube.com/watch?v=qs1AoO_oL9I

- El Sueño de Morfeo: 'Quién te crees' http://www.youtube.com/watch?v=lUXWUorj51k

 

Don Quijote

Na sección de Lingua Castelá atoparedes un enlace á versión dixital do 'Quijote' da Biblioteca Nacional de España. Resulta interesante dar un paseo por ela. 

RECOMENDACIÓNS DE CINE

O profesor Javier Domínguez recomenda estas películas. Algunhas están na biblioteca. Recordade que non só temos libros!

PARA LER A PRENSA

http://kiosko.net/

Un interesante portal de acceso aos principais xornais (uns 700) de todo o mundo. Guíanos primeiro cun criterio de clasificación xeográfica: de continentes a países, e despois a comunidades autónomas, rexións e cidades; e un segundo criterio é de clasificación temática: prensa de información xeral, deportiva, económica...O que aparece en primeiro lugar son as portadas e despois pode accederse á edición dixital. É moi útil para comparar como se da unha mesma noticia ou para ver como se trata en diferentes lugares do mundo. Resulta moi simple e moi áxil.

RECURSOS DIXITAIS. WEB MEIGA.

Seguimos explorando a páxina web Meiga da nosa biblioteca. Recordamos o enderezo:

http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=PED053

Sempre na columna da esquerda, temos acceso a diversos Buscadores web. Hai vida máis alá de Google, por que non probar? Algúns ofrecen especialización en temas como a información científica, están seleccionadas as fontes por expertos ou axúdanche a chegar á "Internet invisible".

Nos Recursos electrónicos temos webs recomendadas, información sobre revistas variadas, ligazóns á Biblioteca Virtual Galega ou á Biblioteca Dixital Galega, ambas cunha interesante oferta de textos literarios, xornalísticos ou mesmo cartográficos. A ligazón á Praza das Letras invítanos a facer un percorrido pola creación literaria do país.

Por último, temos a posibilidade de acceder a recursos electrónicos restrinxidos para os usuarios da Rede de Bibliotecas de Galicia. Algúns sodes socios da Biblioteca Pública e xa os coñecedes. Para acceder a eles pediranvos unha clave. No Código de Usuario debedes poñer o nº de lector da biblioteca do IES Valle Inclán; no Contrasinal, o voso primeiro apelido en letras minúsculas.

Podemos así entrar no Compendio Educativo en Red, nas enciclopedias dixitais Enciclonet, Ocenet Saber ou Shale; no Diccionario Akal de Filosofía, no Diccionario Akal del Antiguo Egipto; na Hemeroteca Dixital Iconoce de Sarenet (servizo de novas aparecidas en medios dixitais de todo o mundo), ou no dicionario de inglés da Oxford University Press, entre outros.

 

Catálogo da Biblioteca. OPAC MEIGA

O programa de xestión da biblioteca do IES Valle Inclán é o Proxecto Meiga. É un programa en liña que permite acceder ao catálogo dende calquera ordenador con conexión á Rede. O enderezo da web Meiga da biblioteca é:

http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=PED053

Unha vez que estades nela ofrécese unha primeira posibilidade de busca: o máis usual é que sexa por título, autor ou materia.

Ademais, na columna da esquerda temos varias posibilidades: información sobre a biblioteca (fondos, novidades...); enlaces a portales de prensa ou aos principais xornais galegos na sección "Novas"...

Na entrada "Buscar información" aparece outra posibilidade de Busca avanzada no catálogo da biblioteca. Recomendamos esta vía porque resolve mellor os problemas que poidan xurdir. Lembrade que esta é unha biblioteca de máis de 26.000 rexistros que utilizou ao longo da súa historia varios sistemas de catalogación e xestión. Un dos nosos labores é poñer ao día todo o catálogo, pero levará tempo.

Lembramos outra vez que se tedes algunha dúbida ou problema debedes preguntar aos profesores de garda da biblioteca.

GUÍA DE USUARIOS

Comezamos o novo curso e como vedes partimos de cero. Este é un bo momento para recordar a información que nos pode resultar máis interesante da nosa biblioteca. Nesta guía de usuarios lembramos como buscar un libro, como funciona o préstamo e as normas de uso da biblioteca e dos ordenadores. Por favor, lédeas con atención e, se tedes algunha dúbida, os profesores de garda esperamos poder axudarvos.

Distribuir contido