Dinamización lingüística

Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller

Por mor do día internacional para a eliminación da violencia contra a muller, os departamentos de Música e Dinamización lingüística organizaron un pequeno recital en galego con alumnas de 3º ESO A.

 

Como parte do proceso de preparación da actividade, as alumnas puideron reflexionar sobre a importancia de educar en igualdade para erradicar determinados comportamentos.Tamén foron partícipes da organización da actividade así coma da elección dos poemas .

Os poemas elixidos para esta ocasión foron tres.

O primeiro deles, “Mulleres”,  de Luis García Montero, unha traducción do seu poema “Mujeres”.

O autor puido ler o resultado en lingua galega e amosounos o seu agradecemento .

Os seguintes poemas, “Camiñan descalzas polas rochas” de Ana Romaní e “Olas e ondas rendidas e nacendo” de Xohana Torres.

As alumnas deron mostra do seu compromiso e bo facer a través desta actividade.

Para ver máis fotos preme aquí

Distribuir contido