Admisión de alumnos

PROCESO DE ADMISIÓN Curso 2024-2025

PROCESO DE ADMISIÓN

 Curso 2024-2025

 Aberto o prazo de reserva de praza

para o alumnado dos centros adscritos ao IES Valle-Inclán,

desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febrero.

 

Centros adscritos na ESO:

 - CEIP San José

- CEIP plurilingüe Praza de Barcelos

- CEIP Álvarez Limeses

Centro adscrito no Bacharelato:

-         CPR plurilingüe Calasancio

 

Este trámite de reserva de praza deberá facerse desde o centro de orixe.

ADMISIÓN IES VALLE INCLÁN CURSO 2022-2023

A solicitude de admisión realizarase no modelo ED550B-anexo II e a comprobación dos membros da unidade familiar no anexo II bisO prazo de presentación de solicitudes é dende o 1 ata o 21 de marzo incluído

As persoas solicitantes poderán:


- Cubrir os formularios na aplicación 
admisionalumnado e presentalos por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que se dispoña de certificado dixital ou de Chave365. O anexo II-bis, unha vez cuberto, deberán imprimilo, asinalo e axuntalo coa solicitude (anexo II) xunto co resto de documentación.

 

- Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no Centro. Para presentar a solicitude presencialmente deberá seleccionar a opción de menú "Solicitudes - Admisión - Crear". Deseguido aparecerá unha pantalla na que debe cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón "Crear e confirmar". Feito isto poderá descargarse para asinar e presentar no Centro.

 

- Descargar os formularios da aplicación admisionalumnado, da sede electrónica da Xunta de Galicia, da nosa web ou recollelos no Instituto para cubrilos manualmente e presentalos de forma presencial no Centro.

 

Pica nas seguintes ligazóns para ver a información sobre o proceso de admisión no IES Valle Inclán para o curso 2022-2023:

Resumo de todo o proceso: Lexislación, Documentación a presentar, calendario, datos de interese, áreas de influencia e baremo.

Modelo ED550B-anexo II

Anexo II bis

Comunicación de admisión para o alumnado dos centros adscritos

Cadro de vacantes curso 2022-2023

Criterio complementario do Centro para a baremación

Manual de axuda para cubrir a solicitude de admisión electronicamente

Distribuir contido