Curso 2010-2011

Parabéns

A prensa do día 16/01/2011 recolle a noticia do premio á mellor atleta veterana española outorgado á profesora Mª Jesús Sanguos Espiña na gala do atletismo celebrada na sede do Comité Olímpico Español. As nosas felicitacións.

Novidade. 13/07/2011. Un novo éxito de Chus. Nos Mundiais de Veteranos de Atletismo que se están a celebrar en Sacramento (Estados Unidos) conseguiu xa unha medalla de ouro, seguro que non será a última.

Xubilacións 2011

Despois dunha extensa e apaixonada vida docente dedicada a formar sucesivas promocións de adolescentes chegoulles a hora da xubilación aos nosos compañeiros Mª Luz Lago Calvo, Francisco Lozano Varela e Mercedes Villarino Díaz-Jiménez. Aos tres a nosa felicitación e mellores desexos nesta nova etapa das súas vidas. (máis fotos)

Viaxe 4º ESO

Unha boa parte do alumnado de 4º de ESO celebrou a fin da etapa cunha viaxe por Asturias e Cantabria. Nesta foto pódense ver todos en Covadonga. Pinchade aquí para ver moitas máis fotos.

Parabéns

As nosas felicitacións á alumna Carme Eyo Conde que acadou o 2º premio no XXVII Certame de poesia "María Soliño" na categoría de alumnado de ESO.

Fin de curso

Un ano máis, ímonos achegando á fin de curso e unha nova promoción de alumnos abandona o instituto. O día 20 de maio celebrárono cun acto académico no centro, que se iniciou cun discurso do director ao que contestaron un alumno e mais unha alumna, houbo logo diversas actuacións musicais e teatrais e finalizou coa entrega a todo o alumnado da insignia do centro por parte dos seus titores; despois tivo lugar a cea "oficial", na que os acompañaron boa parte dos profesores do centro. Pero a noite foi moito máis longa... (máis fotos)

Certame musical "Ben veñas, maio"


O pasado trinta de abril celebrouse no Pazo da Cultura a XI edición do certame musical "Ben veñas, maio".
Aínda que ningún dos grupos estaba formado integramente por alumnos do Valle Inclán, a participación do 
centro foi moi ampla, igual que os premios acadados: O 1º posto foi para o grupo "Os Loureiros" , con Laura Solla Gómez de 2º A á guitarra. O 2º premio levouno o grupo "Lysergic Project" con Nicolás Rodríguez Gómez de 2º D á batería. O 3º premio conseguírono "Os máis ghordos da festa", con Ana Alonso Crego de 2º D como vocalista e
Jimena Andión García de 2º D (chelo) e David González Vázquez de 2º B (guitarra). Presentaron o evento Atenea Martínez (1º D) e Márta Rózpide (1º A). Noraboa para todos e agardamos que para o ano que vén vos animedes a participar moitos máis.

Traballos de tecnoloxía.

Aquí tedes dúas mostras dos traballos realizados polo alumnado de 2º A e 2º C ao longo do curso. Na semana do 13 ao 17 de xuño estarán expostos para que todos os poidades ver de preto. (máis fotos)

SIETE 2ª EDICIÓN

FUSFLES 2ª EDICIÓN

EL PUENTE 2º EDICIÓN

APÚRATE 2º EDICIÓN

SUMÉRGETE 2ª EDICIÓN

SUMÉRGETE 2ª EDICIÓN

PONTEVEDRA TIMES 2ª EDICIÓN

Distribuir contido