Saltar navegación.
Inicio

SIMULACRO PARA A ACTIVACIÓN DO PLAN DE EVACUACIÓN

Puxemos en práctica o plan de evacuación do noso centro, contando coa inestimable axuda do GES do Val Miñor, que nos aportou un feedback profesional moi valioso. 

Concursos de Nadal 2023

Podedes consultar as bases no documento adxunto.

Nadal no Val Miñor de Laura Álvarez

CHARLA SOBRE A ABAU E O ACCESO Á UNIVERSIDADE PARA O ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO.

Ricardo Corderí, xefe da sección de extensión universitaria da Universidade de Vigo, impartiu unha conferencia sobre a  ABAU e o acceso á Universidade para o alumnado de 2º de bacharelato.

XI FORO INFANTIL UNICEF-PARLAMENTO DE GALICIA

Os representantes do noso centro no consello municipal da infancia e a xuventude,  Cayetana e Martín, acudiron o pasado 28 de novembro a unha sesión plenaria especial no Parlamento de Galicia. 

Para escoitar a intervención podes acceder ao seguinte enlace, no minuto 42  https://mediateca.parlamentodegalicia.gal/watch?id=YzNjMGJlYjYtZTdmZC00N2RkLWE4ZmItYWZhODI2MjcyNjZi  

Que fan os parrulos cando os ríos se xean? Con esta pregunta remata a lectura de Verdade de Care Santos.

Que fan os parrulos cando os ríos se xean?

Con esta pregunta rematou a lectura de Mentira, o libro de Care Santos.

E tamén co desexo de continuar lendo Verdade. Algunhas das achegas finais da novela  foron as seguintes:

Conseguiu engancharnos. 

Era moi dramático.

Ten un final sensato.

Non sei que dicir de Ben. É bo e malo á vez.

Xenia e Marcelo queríanse. Sabían todo deles.

Máis cárcere que o que tiña na vida Marcelo non era. A súa situación era extrema na vida, por iso, prefería estar dentro.

O alumnado de 3º de ESO finalizou o seu obradoiro de educación mediática no auditorio do Concello de Nigrán.

O alumnado de 3º de ESO rematou este venres 24 de novembro o seu obradoiro de Educación Mediática no Auditorio do Concello de Nigrán. O acto serviu tamén para  manifestarse en contra da violencia contra as mulleres. Dende aquí queremos dar as grazas ao CIM e a produtora CRU  polo seu traballo e dedicación.

EXCURSIÓN DO ALUMNADO DE 2⁰ ESO Á GUARDA E TUI

CLICA para ver o vídeo e as fotos da actividade.

O pasado 23 de novembro o alumnado de 2º ESO realizou unha saída á Guarda e Tui. Sobre as 10:15h chegamos ao porto da Guarda. Dende aí, e dando un agradable paseo á beira do mar, chegamos á praia de Camposancos, para subir ao monte Trega. As explicacións do guía transportáronnos ao mundo celta: costumes, crenzas e tradicións. A saída rematou na vila de Tui. Percorrer as súas rúas e a visita á catedral, coas explicacións do profesor de Historia, Daniel Mulet, puxeron final a un día no que luciu un sol primaveral. As vistas foron magníficas.

Río Muíños, estudo dun ecosistema fluvial

O pasado martes 21 de novembro, o alumnado de 4º de ESO que cursa a materia de Bioloxía e Xeoloxía e PDC, realizaron unha saída ó río Muíños para estudar as principais características do ecosistema fluvial.

 

Nun percorrido de 500 m aproximadamente, describíuse a vexetación e as carcaterísticas xerais do cauce, incluindo todos aqueles elementos que constitúen unha agresión ó ecosistema fluvial (aliviadeiros, colectores, construcións, refugallos, contaminación acústica...). Con toda esta información elaborouse un croquis do tramo estudado do río .

Distribuir contido