Saltar navegación.
Inicio

TENIS DE MESA NO IES VAL MIÑOR

O pasado luns 9 de febreiro, a Agrupación deportiva Vincios, de tenis de mesa, achegouse ao centro, a promocionar este deporte. Contamos coa presenza de Enrique, Samuel e Kazeem, adestradores e xogadores desta agrupación, grazas aos que puidemos presenciar un nivel de excelencia motriz, froito que seguramente de moitas horas de adestramento, e poñernos a proba fronte a un robot lanzabolas. O palmarés deportivo de calquera dos tres, é moi importante. Cóntase no Val Miñor coa posibilidade de practicar este deporte, a través desta agrupación nas instalacións do instituto de Gondomar Terra de Turonio.

Se queres ver as fotos clica na imaxe. Recoméndoche que vexas o vídeo onde xogan Kazeem e Samuel.