Saltar navegación.
Inicio

Premio "Minerva" para Lúa Álvarez

Lúa Álvarez Domínguez, alumna de 2º Bac no IES Val Miñor, vén de ganar o premio de narrativa que o Colexio M. Peleteiro de Santiago convoca cada ano baixo o nome de Premios Literarios Minerva.

Trátase dun galardón de longa tradición que se convoca desde 1963 por iniciativa do profe

sor Abuín de Tembra. Nesta primeira convocatoria foi apadriñado nada menos que polo escritor Álvaro Cunqueiro. Ao longo dos anos entre os premiados figuran autores importantes da literatura galega: Darío X. Cabana, Ánxeles Penas, Xesús Rábade…

A convocatoria dos Premios Minerva é aberta para alumnos de toda Galicia. Este ano presentáronse 122 traballos na modalidade de narrativa. A obra seleccionada para o primeiro premio foi a de Lúa Álvarez Domínguez titulada Panta Rei.

Os nosos parabéns para Lúa, a quen desexamos que siga colleitando premios, que non dubidamos conseguirá dado o seu gran talento.

Nigrán, a 16 de marzo de 2015