Saltar navegación.
Inicio

Mellorando a nosa condición física

O venres 16 de Outubro, o alumnado de 1º de Bacharelato, realizou unha actividade organizada polo departamento de Educación Física, contando coa inestimable colaboración do persoal das instalacións municipais da Piscina da Ramallosa, e os encargados da hospedería Pazo de Pías.

A actividade iniciouse cunha camiñata desde o centro, seguindo os pasos do Camiño de Santiago ata Ramallosa, onde nos atopamos con peregrinos. Fixemos parada no Pazo de Pías ou Casa de Arias, onde nos abriron as portas de par en par, e a continuación dirixímonos cara a Piscina onde traballamos duro, para mellorar a nosa condición física, con actividades novidosas e de actualidade no campo do adestramento.

CLICANDO NA IMAXE ATOPARÁS AS FOTOS DA ACTIVIDADE

O Pazo de Pías ou Casa de Arias (s.XVII):

Nesta casa viviu e faleceu José Arias Teixeiro e Correa, científico cunha carreira brillante, en Francia onde estivo exiliado, e que trala súa volta ao Val Miñor, adicouse a convencer aos labregos da bondades alimentarias da pataca.

Existe unha construcción moi particular neste Pazo. Un hórreo pétreo de dúas plantas. Viras algunha vez un hórreo destas características?

Na Piscina:

Despois de facer un bo quecemento, traballamos con TRX (traballo con cinchas suspendidas), con ciclo (bicis estáticas, ao ritmo da música), e entrenamento en circuito con materiais específicos coma o bosu (semiesfera de propiocepción e traballo de equilibrio), cinchas de resistencia, ... Rematando cuns bos estiramentos.

O obxectivo fundamental da actividade é ofrecer posibilidades de mellora da nosa condición física, para incluilas no noso estilo de vida saudable, en instalacións do propio entorno. Un centro de actividade é a Piscina Municipal da Ramallosa, pero non debemos esquecer que o Camiño de Santiago pasa xusto por diante do noso instituto, e podemos utilizalo para camiñar. Pois camiñar a paso lixeiro é unha gran aliada da nosa saúde. Se seguides a flecha amarela , chegaredes a Santiago.