Saltar navegación.
Inicio

VISITAMOS A ESTACIÓN DEPURADORA DE AUGAS RESIDUAIS DE NIGRÁN. Novembro 2015

 

Os alumnos de 1º da ESO de Bioloxía e Xeoloxía visitan a EDAR de Nigrán e fan actividades sobre  a polución das augas e o tratamento que reciben

      EDAR                                                                                                                                                               

Durante a visita explicáronnos os detalles dos distintos tratamentos aos que se somete a auga que chega ás instalacións e que retiran sólidos moi variados, materia organica e outros contaminantes. A monitorá da visita insistiu na cantidade de bastoncillos hixiénicos, compresas e outros restos que se arroxan ao water en lugar de facelo ao lixo como sería o adecuado, e reiterou porque estes residuos non deberían chegar á depuradora xa que dificultan o traballo de cribado e o tratamento. Tamén insistiu na diferenza entre auga depurada (a que sae da EDAR e pode verterse aos ecosistemas) e auga potable (esta última obtida só na estación de potabilización, EPA, onde a fan apta para o consumo).

Traballamos sobre a necesudade de aforrar auga e reducir o vulume que chega á estación depuradora e, finalmente, os alumnos recibiron como regalo un dosificador paera instalar nos seus fogares. Os alumnos calcularon o aforro de auga que conseguiron cao medida.