Saltar navegación.
Inicio

SEMANA DA FROITA. O IES SUPERVITAMINAMÍZASE.

A semana do 22 ao 26 de febreiro, repartiuse froita nos recreos. A actividade foi organizada polo alumnado de 1º da ESO da asignatura "Estilo de vida saudable" e o de 4º da ESO de "Obradoiro de iniciativas emprendedoras", e as súas profesoras, acompañadas doutras moitas compañeiras que nos botaron unha man. 

CLICA NA IMAXE, PARA VER UN VÍDEO

SE QUERES ALGUNHA FOTO CLICA AQUÍ

Traballouse moito. Fixeronse zumes de laranxa e amorodo, de laranxa e kiwi, de laranxa, repartíronse mandarinas, plátanos, fíxose unha gran macedonia, ... e todos deron boa conta das froitas, SUPERVITAMINAMIZÁNDOSE.

Esta campaña é promocionada pola consellería de agricultura, e o centro participa nela. 

En Maio repetiremos a experiencia, coa axuda de todos.