Skip to Content

Concurso de fotografía "Trivesía"

Concurso de fotografía "TRIVESÍA"

BASES

  1. Cada participante poderá presentar un máximo de 3 fotografías.
  2. A temática versará sobre tema libre (natureza, arte, persoas...), sempre referido a Trives ou localidades cercanas (Manzaneda, Chandrexa, Castro Caldelas...)
  3. As fotografías deberán ser orixinais. NON se aceptarán fotomontaxes.
  4. As fotografías deberán presentarse en formato dixital. *Poderán tamén presentarse en formato papel nun sobre pechado a tamaño A5. Deben ser arquivos JPG e un tamaño mínimo de 1.024 x 1.024 píxeles. O peso do arquivo non debe pasar dun máximo de 5 Megabytes (Mb).
  5. Cada fotografía deberá incluír:
    • Nome e apelidos do autor.
    • Domicilio.
    • Data de nacemento.
    • Teléfono de contacto.
    • Título de la obra.
    • Nivel no que se participa (ESO, BACHARELATO, FP).
  6. El período de envío de fotografías comeza o día seguinte á publicación destas bases e finaliza o 29 de maio de 2015, ambos inclusive.
  7. O xurado encargado de fallar este concurso estará composto por membros do profesorado e persoal non docente.
  8. Concederase un único premio por cada nivel de participación
  9. O xurado resérvase a posibilidade de incluír novos artigos nestas bases segundo o decorrer do concurso sen prexuízo dos concursantes.
  10. O feito de participar no concurso supón a total aceptación destas bases e dos termos e condicións.


page | by Dr. Radut