Skip to Content

Presentación de propostas para a adxudicación do comedor escolar curso 2017-18

ADXUDICACIÓN DO COMEDOR ESCOLAR DO IES XERMÁN ANCOCHEA QUEVEDO (A POBRA DE TRIVES) PARA O CURSO 2017-2018.

Segundo a normativa vixente, o IES Xermán Ancochea Quevedo de a Pobra de Trives abre o prazo de presentación de propostas para a adxudicación do servizo de comedor para o vindeiro curso mediante contrato menor. O prazo para a presentación de propostas vai dende o día 06 de xuño ata o día 14 de xuño, ámbolos dous incluídos. A documentación entregarase na secretaría do centro. O comedor do instituto dispón de un número máximo de 65 comensais e da servizo de comidas os luns dende setembro ata xuño.

As ofertas respectarán o orzamento máximo de licitación fixado en 5 euros (SEN IVE incluído) por menú diario, 5.5 euros (CON IVE incluído 10%) por menú diario.

As empresas ou persoas interesadas deben presentar a seguinte documentación:

  1. Modelo de proposición económica (anexo I) da Instrución 5/2017, do 30 de maio sobre o funcionamento de comedores escolares.
  2. Documentación empresarial para contrato menor (anexo III) da Instrución 5/2017, do 30 de maio sobre o funcionamento de comedores escolares.
  3. Declaración responsable do titular (anexo IV) da Instrución 5/2017, do 30 de maio sobre o funcionamento de comedores escolares.
  4. A empresa deberá servir a relación de menús composta por 10 menús que figura no anexo VII, realizada dacordo coa guía “Menús saludables no comedor escolar” http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/menu/indice.htm
  5. O/A adxudicatario/a deberá ter constituída, antes da formalización do contrato, unha poliza de seguro de responsabilidade civil (RC) que ampare os riscos xerais de explotación da actividade no centro educativo correspondente e os riscos por intoxicación alimentaria (ou tamén RC de produtos) por un capital mínimo de 60.000 euros.

Normativa

  • Instrución 5/2017, da secretaría xeral técnica da Consellería de Cultura, educación e ordenación universitaria, do 30 de maio sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso 2017-2018.
  • Artigos 111 e 138 do Real Decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, plo que se aproba o texto refundido da lei de contratos do sector público.

Para a cumplimentación dos anexos requiridos diríxanse á secretaría do centro.



page | by Dr. Radut