Taboleiro

Final do Programa Valores de futuro

30/05/2013 - 09:00
31/05/2013 - 23:00
Etc/GMT+1

 

 

A actividade que fora preseleccionada na comunidade galega conseguíu chegar á final do Programa Valores de Futuro e representará a Galicia no evento que se levará a cabo en Madrid o 30 e 31 de maio.

Enviado por mbls en Mér, 15/05/2013 - 00:11. categories [ ]

PREMIOS ESPIRAL EDUBLOGS 2013

PARABÉNS a DONA MARÍA DE LA LUZ PARAMIO,profesora de Lingua Castelá e Literatura e aos alumnos colaboradores no BLOG TICNADOS,gañador dos premios EDUBLOG 2013.

Enviado por sprado en Lun, 13/05/2013 - 08:19. categories [ ]

TRASNADAS DO XOÁN - O BLOG DO ENL

ENLACE AO BLOG TRASNADAS DO XOÁN.

Este é o blog do ENL do IES Xoán Montes. O nome vén dun dos personaxes máis característicos da nosa mitoloxía popular, o trasno, que ten múltiples aparencias. Como son os do noso centro? E cales son as súas trasnadas?

Enviado por sprado en Mér, 08/05/2013 - 17:55. categories [ ]

FINAL DO CONCURSO VALORES DE FUTURO

As alumnas de 3º da ESO  MARTA CASTRO e ANA SALDAÑA,acompañadas da súa profesora de Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras Mª BEATRIZ LÓPEZ SOTO,  viaxarán a Madrid o 30 e 31 de maio para participar na FINAL DO CONCURSO VALORES DE FUTURO,como representantes da NOSA  COMUNIDADE. Noraboa a todas e tamén ao resto do alumnado de 3º da ESO A.

Enviado por sprado en Mar, 07/05/2013 - 16:59. categories [ ]

OLIMPÍADA MATEMÁTICA 2013

Felicitacións a MARÍA CASTRO PERMUY de 2º ESO A , unha das  4 gañadoras  da  FASE DE ZONA DA OLIMPÍADA MATEMÁTICA 2013, que  pasa, polo tanto, á FINAL GALEGA  que terá lugar en VIGO.Noraboa    tamén á súa profesora PILAR VIEITES.MÁIS

Enviado por sprado en Mar, 07/05/2013 - 16:37. categories [ ]

OLIMPÍADA MATEMÁTICA 2013

OLIMPÍADA MATEMÁTICA 2013

Felicitacións a MARÍA CASTRO PERMUY de 2º ESO A , UNHA DAS 4 GAÑADORAS DA FASE DE ZONA DA OLIMPÍADA MATEMÁTICA 2013, QUE PASA, POLO TANTO, Á FINAL GALEGA QUE TERÁ LUGAR EN VIGO.

NORABOA TAMÉN Á SÚA PROFESORA PILAR VIEITES

Enviado por sprado en Mar, 07/05/2013 - 16:37. categories [ ]

FINAL YOUNG BUSINESS TALENTS

PARABÉNS ao equipo do  I.E.S. XOÁN MONTES-de esquerda a dereita na foto- MANUEL SÁNCHEZ ARROYO ,JAIME DOMINGUEZ MARTINEZ e ÁLVARO SÁNCHEZ PENA e tamén  á súa profesora de Economía MARÍA BEATRIZ LÓPEZ SOTO,finalistas na 2ª edición do certame celebrado en MADRID os días  13 e 14 de abril .Para ver a reportaxe de  EL PROGRESO,PREMEDE AQUÍ.

Enviado por sprado en Mar, 16/04/2013 - 13:12. categories [ ]

FINAL DO RALLY DE MATEMÁTICAS 2013

NORABOA AOS FINALISTAS:JUAN MANUEL CANO VILA, CARLOS CANTO CAMPO, DAVID CARREIRA LÓPEZ, DANIEL CASTRO VEIGA, IAGO FOUCE ALONSO, YERAY REGO FERNÁNDEZ, OMAR RODRIGUEZ GONZÁLEZ e ENRIQUE TORT VÁZQUEZ e á súa profesora MARÍA TERESA VÁZQUEZ CADAVIDE. polo éxito acadado en SANTIAGO. Aquí tedes o enlace á nova publicada por EL PROGRESO.

Enviado por sprado en Lun, 15/04/2013 - 15:45. categories [ ]

CAMPEONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE ORIENTACIÓN

Felicitacións a JUAN ATANES CONDE e a NEREA SUÁREZ FERNÁNDEZ,gañadores deste campeonato provincial.

Reportaxe do xornal EL PROGRESO

Enviado por sprado en Lun, 15/04/2013 - 14:56. categories [ ]

Próximas actividades do departamento de matemáticas

Nos vindeiros días os alumnos de matemáticas participarán nas seguintes actividades:

A fase de zona Olimpíada de matemáticas para alumnos de 2º de ESO terá lugar no noso centro o día 19 de abril. Participan Sheila, Margarita e Rubén. Moita sorte aos tres.

A final galega do Rally sen fronteiras será en Santiago o día 11 de abril. Ánimo, vades camiño de Touluse

O día 17 de abril os alumnos de 4º de ESO visita á exposición IMAGYNARI en Santiago.

Enviado por tvcadavide en Dom, 07/04/2013 - 13:46. categories [ ]