No noso Instituto estase a conmemorar o Ano Internacional da Química que a Asemblea Xeral da ONU proclamou para concienciar ao público sobre as contribucións desa ciencia ao benestar da humanidade.
A química é unha ciencia creativa esencial para mellorar a sostenibilidade dos nosos modos de vida e para resolver os problemas globais e esenciais da humanidade, como a alimentación, a auga, a saúde, a enerxía ou o transporte.
Podedes ver fotos da exposición, do Concurso, da Semana da Ciencia e outras relacionadas premendo aquí.


Este ano ano fixéronse moitísimas fotografías das actividades desenvolvidas na III Semana da música, aquí tes acceso a todas elas por días de actuación:
Se queres ver qué se fixo en anos anteriores, consulta a galería fotográvica das edicións anteriores:
Esperámoste na IV Semana da Música.