Drupal (315)

Incluir verificador de identidad

Hola:

¿Existe alguna manera de implementar en un formulario un verificador de identidad? Es decir el típico código aleatorio que se incluye en formularios para evitar respuestas automáticas de máquinas.

 

gracias

Yo mismo me contesto es el módulo captcha

Enviado por cifpsomeso en Mar, 2013-11-26 20:44. categories [ ]

Barras ferramentas - toolbar desaparecidas

Ola, bos días. Non nos aparece a barra de ferramentas e de formato para editar textos. Alguén sabe o que sucede?

CRA Narón

Enviado por cradenaron en Lun, 2013-11-25 10:29. categories [ ]

Filtrar contidos a un rol determinado

Interésanos crear un rol que poida publicar nunha determinada categoría, pero que o administrador reciba un aviso de publicación, para que se poidan controlar, dalgunha maneira, os contidos dese rol específico. Sería posible facelo con Drupal? Grazas

Enviado por iessanpaio en Mér, 2013-11-20 12:20. categories [ ]

Personalizar o logo dunha plantilla

Para subir unha nova imaxe como logo dos temas teremos que facer, e ter en conta, o seguinte:

  1. Se nunca se personalizou o logo de ningún tema activado entón todos eles empregan o logo por defecto (Global).
  2. Unha vez que se personaliza o logo dun tema, de calquera, despois cada tema xa emprega o propio logo que teña establecido na súa configuración.
  3. Para subir unha nova imaxe teremos que ter en conta o anterior. Así, se se está a empregar o logo por defecto, bastará con subir a nova imaxe á configuración Global. Pero se xa se personalizou algunha vez algún tema haberá que subir o logo ao tema que se desexe personalizar.
  4. A imaxe que se suba como novo logo cambiará o seu nome de ficheiro unha vez subido, pero manterá a súa extensión. O novo nome que colla a imaxe unha vez subida dependerá de a que tema sexa subido. Así, por exemplo:
    1. Se subimos a imaxe "paisaxe.jpg" na configuración Global, o novo nome do ficheiro subido será "logo.jpg".
    2. Se subimos a imaxe "postadesol.png" ao tema Aurora, o novo nome do ficheiro subido será "aurora_logo.png".
  5. Unha vez subida á imaxe hai que axustar a súa ruta, eliminando todo o que aparace antes de "/files" e substituíndoo por "system". Así, por exemplo:
    1. Se subimos a imaxe "paisaxe.jpg" na configuración Global a ruta que aparecerá será "/srv/hosting/home/NOMEDOCENTRO/drupal/files/logo.jpg". Teremos que cambiala a "system/files/logo.jpg".
    2. Se subimos a imaxe "postadesol.png" na configuración do tema Aurora, a ruta que aparecerá será "/srv/hosting/home/NOMEDOCENTRO/drupal/files/aurora_logo.png". Teremos que cambiala a "system/files/aurora_logo.png".
  6. Unha vez que teñamos subida unha nova imaxe a un tema, non temos por que subila a cada tema que teñamos activado, xa que abondará con copiar o enderezo desta imaxe na ruta da configuración de cada tema no que a desexemos empregar. Así, por exemplo:
    1. No tema Garland podemos empregar o logo que subimos ao tema Aurora indicando que a ruta do logo para o tema Garland sería esta: "system/files/aurora_logo.png". Así, se subo a nova imaxe solo na configuración Glogal, xa a podo empregar para calquera tema indicando na configuración destes a seguinte ruta: "system/files/logo.jpg".

Un saúdo.

Enviado por xoseluis en Sáb, 2013-11-16 11:35. categories [ ]

Páxina non atopada

Bo día:

Cando creo un enlace a un arquivo pdf xa descargado, aparentemente todo se garda ben, pero cando, dende a web quero aceder a ese arquivo, ao premer o enlace aparece a mensaxe "páxina non atopada"

Ata hai quince días esto non nos pasaba. Houbo algún cambio na forma de facelo? A alguén lle pasa o mesmo?

Gracias

Enviado por cpijosegarciaourense en Xov, 2013-11-07 14:20. categories [ ]

Non atopo Taxonomy Menu

Ola.

 

O módulo Taxonomy Menu aparéceme como activo pero non son capaz de atopalo na páxina de administración do meu centro. 

 

Non sei se será cousa dalgún outro módulo que teño que activar ou desactivar ou por que será. O caso é que necesítoo porque, se non, non son quen de engadir novo elementos aos menús da páxina do meu centro.

 

Gracias pola axuda.

Enviado por iesdemeano en Lun, 2013-10-14 11:46. categories [ ]

O lanzamento de cron falla

Na páxina de administración da nosa web, no informe de estado, aparece un fallo debido a que as tarefas de mantemento de cron non se realizan dende fai catro ou cinco meses. Se lanzamos manualmente cron, este non se executa e a páxina devolve unha mensaxe dicindo que fallou a execución de cron.

Como se pode arranxar isto?

Enviado por iesescolasproval en Mér, 2013-10-02 13:34. categories [ ]

Como restaurar a páxina principal

Queria consultarte un problema que nos xurdiu na páxina web do IES de Mos, sin querer borrei a páxina principal da web, e quería poñela de novo, pero non sei como facelo. Refirome a crear de novo a páxina principal, que non sei onde creala. O contido xa o repoñeria de novo.

Espero a túa resposta.

Enviado por iesmos en Ven, 2013-09-20 12:29. categories [ ]

permiso a un rol para controlar promoción á páxina principal

Teño configurado os roles para que automaticamente promocionen á páxina principal os contidos que crean os usuarios, e logo eu véxoxo e decido cando sacalos. Me interesa que o rol "equipo directivo" creado poida ter control directo. Como podo facelo ?

Enviado por ieschapela en Ven, 2013-07-26 12:34. categories [ ]

Arquivos ".exe" para descargar dende a web

Bo día.

Son a persoa encargada do mantemento da web do IES A Paralaia:

http://www.edu.xunta.es/centros/iesaparalaia

Solicitóuseme no centro que colocara uns enlaces para que o alumnado poidera traballar co programa "Orienta".

Creei a versión para web con animacións e sin animacións e engadín un bloque na marxe dereita da páxina principal da web. Esta versión para web crea un arquivo .exe.

Subín os arquivos á páxina sin problemas como si fora calquera outro tipo de arquivo (pdf, doc, etc.) e creei os enlaces correspondentes.

O problema ven cando se accede ao arquivo.

Cando se selecciona a opción do bloque, o sistema pregunta si se desexa buscar un programa para abrilo ou gardalo.

A opción axeitada é gardalo para que logo o usuario execute a instalación do mesmo.

O primeiro que chama a atención é que aínda que o ficheiro se chama “00 OrientaSIN12-13.exe”, o sistema asínalle o nome “iesaparalaia”, e quítalle a extensión.

NOTA: Si ao arquivo descargado se lle pon a extensión ".exe" á man e se lle da doble click, execútase correctamente e instala a aplicación.

Esto fai que os usuarios non saiban cómo facer para traballar co programa, o cal ocasiona atrancos para desenvolver as actividades encomendadas polo profesorado.

Tamén tentei comprimilo nun arquivo “.rar”, pero pásame o mesmo (de feito, o OrientaCON12-13 ao que se accede dende a web é comprimido).

¿Hai solución para este atranco?

Grazas.

 

Enviado por iesaparalaia en Mér, 2013-05-08 12:42. categories [ ]