Skip to Content

Edición de contidos web

En numerosas ocasións recibimos incidencias de comportamentos estraños nas páxinas web despois de publicar algúns contidos, comportamentos como:

  • (...) desapareceron os menús da dereita (...)
  • (...) os menús da dereita aparecen con outra cor e tamaños diferentes (...)
  • (...) aparece un espazo moi grande entre o título e o contido (...)

Estas anomalías responden sempre a unha metodoloxía errónea á hora de realizar a edición e publicación dos contidos.

Esta metodoloxía é a de aproveitar o traballo feito noutros formatos para “pegalos” directamente no contido web. Así, unha práctica común é que se copien contidos dende documentos de LibreOffice (ou OpenOffice) e se peguen no editor do contido web, ou o que é peor e aínda máis habitual, dende Microsoft Word, xa que este último introduce un gran número de códigos como veremos a continuación.

Ao realizar a acción de copiar non solo se copia o contido, os textos e imaxes (o que vemos) senón que tamén se copia un montón de código de estilos que o programa editor introduce no texto (código que non vemos). Cando pegamos este contido na web non solo se pega a información senón que tamén se pegan os estilo e isto é o que provoca que os navegadores presenten un comportamento aparentemente estraño.

Si queremos evitar problemas a forma correcta de realizar as nosas publicacións será editando o contido directamente desde o editor web e non pegar nada que proveña doutros documentos.

Claro está que en numerosas ocasións desexamos aproveitar o traballo feito e non volver a “perder” o pouco tempo que temos volvendo a teclear parágrafos e parágrafos de información. Neste caso propoñemos dúas alternativas.

  1. Editar + Xuntar PDFCrear un novo contido onde tan solo escribamos un pequeno resumo sobre a información que xa temos escrita noutro ficheiro e xuntemos dito ficheiro ao contido que estamos creado (ficheiros adxuntos). Este ficheiro que se xunte debería ir en formato PDF.
  2. Copiar - Limpar - Pegar e editarLimpar o texto, que significa copiar o contido orixinal, pero antes de pegalo no editor web pegarémolo nun documento dalgún editor de texto que non permita texto enriquecido, como por exemplo o "kwrite", "gedit" ou "bloc de notas". Así os códigos de estilos eliminaranse e so permanecerá o texto copiado. Tamén se perderán as imaxes, cores, enlaces e demáis estilos que teñamos dados previamente no documento orixinal. Finalmente xa podemos copiar o texto deste o bloc de notas e pegalo no editor web. De ser necesario volveremos a dar os estilos desexados pero sempre desde o editor web: negrita, cores, enlaces...

O que temos que procurar e nunca realizar a práctica de pegar directamente desde un documento con formato ao editor web.

Pegar desde Word

AdxuntoTamaño
edicion_contidos_web.pdf41.08 KB


page | by Dr. Radut