|
Utiliza Software Libre! Iniciar sesión |
Edición de contidos webEn numerosas ocasións recibimos incidencias de comportamentos estraños nas páxinas web despois de publicar algúns contidos, comportamentos como:
Estas anomalías responden sempre a unha metodoloxía errónea á hora de realizar a edición e publicación dos contidos. Esta metodoloxía é a de aproveitar o traballo feito noutros formatos para “pegalos” directamente no contido web. Así, unha práctica común é que se copien contidos dende documentos de LibreOffice (ou OpenOffice) e se peguen no editor do contido web, ou o que é peor e aínda máis habitual, dende Microsoft Word, xa que este último introduce un gran número de códigos como veremos a continuación. Ao realizar a acción de copiar non solo se copia o contido, os textos e imaxes (o que vemos) senón que tamén se copia un montón de código de estilos que o programa editor introduce no texto (código que non vemos). Cando pegamos este contido na web non solo se pega a información senón que tamén se pegan os estilo e isto é o que provoca que os navegadores presenten un comportamento aparentemente estraño. Si queremos evitar problemas a forma correcta de realizar as nosas publicacións será editando o contido directamente desde o editor web e non pegar nada que proveña doutros documentos. Claro está que en numerosas ocasións desexamos aproveitar o traballo feito e non volver a “perder” o pouco tempo que temos volvendo a teclear parágrafos e parágrafos de información. Neste caso propoñemos dúas alternativas.
O que temos que procurar e nunca realizar a práctica de pegar directamente desde un documento con formato ao editor web.
Enviado por xoseluis en Mér, 2011-11-09 21:08. categories [ ]
|
LigazónsO máis visto...Últimos artículosNovas por RSS |