Skip to Content

Inicio sesión

Podemos crear un novo bloque que nos permite personalizar/modificar o modo de inicio de sesión.

Consiste en crear un enlace diferente dependendo de se estamos xa ou non autenticados.

En caso de que non esteamos autenticados aparecerá un enlace "Acceso" que nos leva á páxina de inicio de sesión do usuario, pero se xa estamos dentro, coa sesión aberta, entón aparecerá o nome do usuario e un enlace "Pechar" que nos pecha a sesión.

Para constuír este bloque realizaremos os seguintes pasos:

1. Crear un bloque novo

2. Introducir este código PHP; como imos a escribir directamente o código no corpo teremos que previamente premer no enlace de Deshabilitar texto rico e despois xa podemos pegar o código seguinte:

<?php global $user; ?>
<?php if ($user->uid) : ?>
Usuario: <?php print l($user->name,'user/'.$user->uid); ?> |
<?php print l("Pechar","logout"); ?>
<?php else : ?>
Si eres usuario: <?php print l("Acceso","user/login"); ?>
<?php endif; ?>

3. Na opción de 'Formato de entrada' seleccionar a opción

PHP code.

4. Unha vez gardado este bloque decidir en que Rexión queremos que se vexa.

5. Desactivar bloque de "Iniciar sesión". 

 


 

Inicio de sesión sin bloque de acceso.

Cando desaparece o bloque de inicio de sesión, ben porque se desactivou accidentalmente ou ben porque se cambiou de plantilla e na nova non tiña ese bloque activo, podemos acceder igualmente á sesión do usuario tecleando directamente na barra de enderezos do navegador a seguinte URL:

  • http://www.edu.xunta.gal/centros/nomedocentro/user

Unha vez que xa teñamos a sesión iniciada podemos acceder á paxina de adminsitración (solo si temos o rol de administrador) a través da seguinte URL:

  • http://www.edu.xunta.gal/centros/nomedocentro /admin

Con estas dúas rutas poderemos entrar e administrar sin problemas o noso espazo Drupal.



book | by Dr. Radut