Skip to Content

Contido duplicado en menús expandibles

Temos un menú "departamentos" expandible que ten como submenús os distintos departamentos (historia, latín e grego, filosofía, etc). Queremos que este menú non estea por defecto expandido porque ocupa moito. O problema é que cando un departamento, como por exemplo, latin e grego, publica un contido (en principio só para o submenú latin e grego) tamén a parece cando se fai clic en departamentos. ¿É posible evitar esto? O problema é semellante ó que pode pasar nesta páxina co menú "Centros educativos". Se se publica algo para o submenú "Drupal", ¿é inevitable que apareza cando se fai clic en Centros Educativos?.

Ver os contidos solo nos submenús

Si non queremos que ó facer click nun menú desplegable, apareza todo o contido dos submenús, debemos ir a
administrar->opcións->taxonomy_menu e desactivar o check "display descendants".
Esto funciona si en administrar->menus desactivamos o primeiro elemento do menú.

Contido duplicado

Os menús de categorías cando conteñen submenús efectivamente arrastran o contido de cada submenú de xeito en cada submenú os contidos aparecen clasificados e no menú global aparecen por orde de publicación mezclados.
O que se soe facer é publicar no menú pai contidos pegajosos na cima que aparecerán sempre arriba e así os contidos dos submenús aparecerán pero nunca inicialmente.

Un exemplo: creamos un contido que explica o menú xeral, para que o usuario cando entra no menú sepa que ten que elexir o submenú correspondente para ter os contidos convenientemente clasificados.



forum | by Dr. Radut