Skip to Content

SAIR DE GALERIA Á PÁXINA PRINCIPAL DA WEB DO COLEXIO

No CEIP Nosa Señora dos Remedios etsamos comezando a crear contidos na nosa web e fixemos tamén unha proba cun álbum na Galería. Unha vez que entramos a ver as imaxes do álbum creado, para saír de Galería non encontramos o xeito de ir directamente á páxina principal da web. Hai algunha maneira de poder saír directamente?

Volta a páxina principal

A única maneira de volver e escribindo a URL. Esperamos deseñar un tema para a Galería que nos permita volver directamente a páxina principal.

Voltar de Galería á web

Ao mellor é unha tontería pero, namentras non se soluciona vía nova plantilla sempre se pode abrir a Galería nunha nova pestaña ou ventá e asunto solucionado.

Non é unha tontería

Realmente eso sería unha solución, pero non é posible abrir nunha ventana nova a través dos enlaces primarios de Drupal.

Temos outra solución:

FACER UN LINK NA GALERIA PARA VOLVER A DRUPAL

 Para que apareza un texto no tema de Coppermine que sirva de link. Pódese facer da seguinte maneira. En configuración de tema na casilla de nome da ligazón poñermos por exemplo Volver a drupal e na casilla de abaixo o ruta  http://centros.edu.xunta.es/nomedocentro  desta maneira aparece o texto na parte superior do noso tema.

Esta é a mellor solución.

Acabo de probar a modificación do tema tal e como dís e queda perfecto. Entendo que é mellor un enlace para voltar á páxina principal que andar abríndolle ventanas á xente.


forum | by Dr. Radut