Skip to Content

Temas para Drupal

Hai varios temas e supoño que algúns terán algunhas avantaxes e/ou inconvenientes. ¿Recomendades algún tema en especial?

Máis themes

Cando consideremos que un tema se debe engadir na lista xeral para os centros educativos non se nos debe escapar que dito tema teña unha certa seguridade de actualización.

Nestes momentos, non deberiamos engadir ningún tema que funcionando na versión 4.7x non teña actualización para a versión 5.x xa que é moi probable que o perdamos na seguinte actualización.

Moi pronto actualizaremos á versión 5.1. Se un tema non ten actualización o centro terá que optar por outro, co que o aspecto da web mudará.

Temas

Inconvintes: algún só permite menús a dereita e dependendo da resolición funciona mellor ou peor.

O mellor é probalos pero con coidado. Deberiamos ter a precaución de ter un a usuario administrador cun tema B7 ou Bluemarine. E logo con outro usuario administrador ir probando os temas. Se nos bloquea un tema, sempre poderemos entrar co outro usuario administrador e desbloquear a aplicación.

Pode ocurrir que un tema elixido me desfaga a distribución dos menús ou incluso que ese tema ignore os bloques da esquerda ou da dereita. O importanteé poder volver atrás. Para volver á pantalla de cambio de temas podemos escribir a URL docentro/system/admin/themes

e como se crea outro usuario administrador

A min xa me pasou iso de probar un tema e non poder despois facer nada. No meu centro somentes estou eu como usuario administrador. ¿Como se pode crear outro? ¿Non podo ter eu duas contas distintas e entrar con unha nun tema seguro e noutra facer probas?

Altas de usuarios

Na ruta Administrar>Mantemento de usuario>usuarios hai a posibilidade de engadir usuarios.

Cando engado o usuario, ademáis de darlle nome, correo electrónioc e contrasinal, teño que adxudicarlle un rol (administrador neste caso).

Logo, imperiosamente, despois de engadir ao usuario, teño que ir á lista de usuarios, editar o usuario e fixarme de que efectivamente é administrador, que ten activados os bloques de navegación e cron e enviar.

Xa teriamos outro usuario administrador.



forum | by Dr. Radut